Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 12 de agosto de 2017
NIGRÁN

Concello de Nigrán e Aqualia emprendena renovación de 82 metros de tubaría para evitar filtracións á Foz do Miñor

Guardar en Mis Noticias.

Operarios municipais e da empresa concesionaria levaron a cabo unha reparación de urxencia nesta contorna hai dúas semanas ao detectarse unha filtración

[Img #34261]

 

O Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria  Aqualia, continúa coa renovación de 82 metros de tubaría na contorna da Foz do Miñor tras detectarse o 26 de xullo unha filtración reparada de urxencia no mesmo día. Tras este incidente, os colectores foron inspeccionados mediante circuito pechado de televisión, quedando patente o seu mal estado e a necesidade de sustituílos para impedir calquera tipo de verquido. Así, durante esta semana seguirá a reparación da rede de saneamento, composta polo colector (xa moi antigo a estar executado con formigón) e os seus respectivos pozos de rexistro.

 

"Temos un compromiso claro de mellora e protección do medio ambiente, por iso dende o Concello e Aqualia levamos a cabo un control absoluto da rede de saneamento. O obxectivo é acabar con tódolos verquidos coa maior urxencia. Na contaminación da Foz do Miñor están implicados os tres concellos da comarca e Nigrán está facendo tódolos deberes para acabar para sempre coas filtracións, de feito, confiamos en incluír o esteiro no convenio Ramsar que o protexe internacionalmente", sinala o alcalde, Juan González.  

 

 

 

 

"Temos un compromiso claro de mellora e protección do medio ambiente, por iso dende o Concello e Aqualia levamos a cabo un control absoluto da rede de saneamento", sinala o alcalde, Juan González

 

 

 

 

A empresa concesionaria xa emprendera en outubro, tamén no entorno da Alameda de San Campio, na A Ramallosa, a reparación dos colectores  sen necesidade de abrir gabias, instalando manguitos de fibra de vidro chamados packers (a un obturador de alta resistencia se lle enrosca a fibra de vidro con resina que, mediante a inxección de aire a alta presión, se infla e comprime contra as paredes do colector; unha vez seco se desinfla e extrae, quedando xa selado). Esta actuación integral demandada dende o Concello e por valor de 80.000 euros incluíu a impermeabilización do pozo de bombeo xeral ubicado na Alameda, xa que presentaba filtracións nas paredes laterais e no fondo. Nesta  contorna hai un ano que o goberno de Nigrán realizou a conexión á rede de saneamento da residencia da terceira idade, que sorprendentemente vertía directamente ao río dende a súa creación.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados