Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 10 de agosto de 2017
GALICIA

Nava Castro participa na presentación da campaña do Clúster de Turismo que anima a presumir da paisaxe de Galicia

Guardar en Mis Noticias.

A directora de Turismo de Galicia asiste en Sanxenxo a inauguración oficial dunha iniciativa do sector que este verán percorre dez enclaves das catro provincias.

[Img #34263]

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu esta semana á presentación da campaña Ruta Presume de Galicia que promove o Clúster de Turismo de Galicia este verán. Tratase dunha iniciativa que está a percorrer xa diferentes zonas da Comunidade e achegarase a dez enclaves das catro provincias.

 

A campaña foi inaugurada de xeito oficial no paseo de Silgar, no concello pontevedrés de Sanxenxo, despois de ter pasado por A Coruña, Foz, Padrón ou Santiago de Compostela. O obxectivo desta iniciativa, que impulsa o sector turístico galego, é converter aos viaxeiros en presumidores nas redes sociais e na páxina web www.presumedegalicia.com.

 

Dese xeito, buscan contribuír a reforzar a marca Galicia como destino turístico, obxectivo compartido pola administración e plasmado na Estratexia do turismo de Galicia 2020. Este documento é a folla de ruta que a Xunta e o sector privado deseñaron para acompañar o crecemento sustentable de viaxeiros que Galicia está a vivir. Faino apostando polo chamado slow turismo, que afonda nos recursos endóxenos e na calidade como eixos de actuación.

 

A Estratexia, exemplo de colaboración público-privada en busca do beneficio común, conta cun orzamento de 240 millóns de euros destinados, na súa maior parte, a temas vinculados á paisaxe, os recursos naturais, a sustentabilidade, a mobilidade, os valores diferenciadores e o Camiño de Santiago. Traballa, ademais, polas melloras na gobernanza e na proxección.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados