Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
MONDARIZ

Medio Ambiente acometeu unha actuación de rexeneración do río Tea, en Mondariz

Guardar en Mis Noticias.

A directora xeral de Patrimonio Natural visitou recentemente a zona na que se levaron a cabo os traballos.

[Img #34278]

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levou a cabo unha actuación de rexeneración dun tramo do río Tea, ao seu paso polo Concello de Mondariz, para poñer en valor a súa riqueza natural.

 

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, supervisou os traballos executadas nesta praia fluvial do Ceo e a área recreativa existente na marxe esquerda do río, na contorna da Ponte da Cernadela, que queda dentro da ZEC Río Tea. No ámbito da praia fluvial existía unha zona situada baixo a sombra duns plátanos, pavimentada con módulos prefabricados de formigón. As raíces desas árbores tiñan desnivelado o pavimento, provocando condicións non axeitadas para o seu uso.

 

 

 

 

A actuación consistiu na instalación dunha barreira verde para evitar a erosión da ribeira, a retirada de bloques de formigón e a instalación de valados de madeira como medida de seguridade

 

 

 

 

Así, os traballos consistiron na instalación dunha barreira verde para controlar e restaurar a erosión na ribeira, a retirada de bloques de formigón da praia natural e do valado que limita a praia natural e a instalación de valados de madeira para a seguridade da poboación.

 

Os traballos foron executados ao amparo dunha subvención por un importe de case 25.000 euros.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados