Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 11 de agosto de 2017
PONTEAREAS

O V Festival Groba leva a súa música fora do auditorio

Guardar en Mis Noticias.

Domingo 13, concerto na Residencia de Maiores Santa Ana e mércores 16 concerto no Salón de plenos do Concello.

Este ano a V edición do Festival Groba, que se celebrará do 11 o 18 de agosto, sae do Auditorio Municipal para celebrar dous concertos fora do espazo escénico.


A OCGa ten unha especial sensibilidade hacia ós maiores e, tras propoñer á Concellaría de Benestar Social, Igualdade, Ludoteca e Mocidade a posibilidade de realizar un concerto especial para maiores, houbo unha resposta inmediata por parte da súa concelleira. Así, o domingo 13 ás 11 da mañá, levarase a cabo un concerto nas instalación da Residencia no que se interpretará un repertorio sorpresa, especialmente pensado para os nosos maiores, no noso afán de achegar a música a todos, como nesta ocasión,  ós que teñen algunha dificultade.


E por outra banda, a OCGa sempre está pendente do patrimonio cultural, artístico e histórico de todas as cidades, vilas e aldeas de Galicia, e neste senso, quere facer unha pequena homenaxe ó edificio do Concello de Ponteareas que no próximo ano cumprirá 120 da súa construción.


Por ese motivo, o mércores 16 realizaráse un concerto no Salón do Pleno do edificio municipal no que os internacionalmente coñecidos Clara Yumi Kang, violinista, e Leonard Elschenbroich, cellista, interpretarán Duo para violin e violoncello, de Z. Kodaly e dentro do noso Programa Xoves Músicos Galegos, o clavecista Ramón Pérez Sindín, interpretará un erpertorio de breves pezas de A. Forqueray, J. Duplhy, Rameau e Mozart.

 

O Festival Groba segue avanzando e crecendo ano tras ano buscando novos xeitos de chegar a novos públicos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados