Centos de turistas que viaxaban a Cíes quedan en terra por ‘overbooking’
Hai máis de 2.000 persoas afectadas
![[Img #34404]](upload/img/periodico/img_34404.jpg)
Ou ben a cota diaria de 2.200 persoas imposto polas autoridades para visitar as Illas Cíes queda pequena ou ben hai un escuro negocio no transporte de pasaxeiros ao único parque nacional de Galicia.
Un escándalo que salpica a un dos tesouros naturais máis importantes que ten as Rías Baixas e que prexudica gravemente ao sector turístico. As navieras que transportan aos pasaxeiros volvérono a facer na mañá de hoxe, así pretendían exceder os límites impostos de 2.200 persoas que ten de cota a illa, estímase que hai uns 2.000 afectados polo que estas compañías pretendían, desta forma, case duplicar o número de visitantes permitidos.
Foron os gardas que controlan a chegada no peirao de Rodas xunto á Policía Nacional e Garda Civil os encargados de evitar o traslado dos pasaxeiros que, nalgúns casos tiveron que regresar a Vigo tras partir cara ao parque nacional.
En total unhas oito embarcacións víronse afectadas deixando por centos de pasaxeiros con destino ao arquipélago en terra sen poder coñecer as illas.
Indignación na pasaxe
Moita indignación e momentos de tensión os vividos nesta mañá nos portos de Vigo Cangas e Baiona debido a que moitos dos pasaxeiros compraran e pagaran os seus billetes desde hai semanas.
Turistas que viaxaban desde varios puntos de España ou Portugal para coñecer as Cíes quedáronse sen as súas vacacións e sen unha solución alternativa. As follas de reclamacións esgotáronse e moitos esixían, ademais da devolución do billete, unha indemnización polas molestias ocasionadas.
![[Img #34401]](upload/img/periodico/img_34401.jpg)
A pesar de que as multas polo exceso de visitantes ao parque nacional poden alcanzar os 200.000 euros ou mesmo chegar á suspensión do servizo que prestan as navieras de forma puntual, o problema xa se viña vir desde hai tempo e a masificación da Illas non é algo novo que pille de sorpresa a ninguén.
Xornada tranquila na illa
O feito de recibir menos visitantes facíase notar a xornada de hoxe en Cíes, ata tal punto que persoal que traballa na illa recoñecía que era unha xornada moito máis tranquila e con menos xente “do habitual”.
![[Img #34402]](upload/img/periodico/img_34402.jpg)
Pola súa banda os “poucos” visitantes que puideron desembarcar na illa destacaban “a escasa cantidade de xente” que había no arquipélago e a tranquilidade do día como tónica xeral.
![[Img #34403]](upload/img/periodico/img_34403.jpg)
Os barcos de regreso funcionaron con total normalidade e puntualidade ademais durante a xornada os campistas e traballadores do parque puideron viaxar con total normalidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149