Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 24 de agosto de 2017
MEDIO AMBIENTE E TURISMO ANALIZAN CON REPRESENTANTES DO SECTOR HOSTALEIRO DE VIGO A SITUACIÓN EN CÍES

Recupérase a normalidade no aceso ás Illas Cíes

Guardar en Mis Noticias.

As directoras de Turismo e de Patrimonio natural interesáronse polas situación das reservas nos establecementos hostaleiros e explicaron as medidas tomadas para controlar o acceso ao arquipélago

[Img #34489]

 

As directoras xerais de Patrimonio Natural e Turismo, Ana María Díaz, e Nava Castro, mantiveron hoxe en Vigo unha reunión con diferentes representantes de hostalería e turismo na provincia de Pontevedra, co fin de explicar de primeira man as medidas tomadas para controlar o acceso ao Parque Nacional de Illas Atlánticas, tras o sucedido o pasado día 20 de agosto.

 

No encontro, no que tamén estivo tamén presente o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicouse que esta decisión foi tomada tras detectar incumprimentos graves por parte das navieiras no mes de agosto e unha vez constado que os apercibimentos e os expedientes sancionadores non deron resultado.

 

Ademais de responsables de distintos establecementos hotaleiros de Vigo, estiveron directivos da Federación de Hostalería (FEPROHOS) no que están representados a meirande parte dos establecementos hostaleiros da cidade e provincia, da Asociación Provincial de Axencias de Turismo (Avipo) e do Clúster de Turismo de Galicia. 

 

Por parte da Xunta, indicou Ana Díaz, directora xeral de Patrimonio Natural, somos conscientes de que tomamos unha medida “drástica e dura que preferiríamos non ter que  tomar, pero que veu derivada da irresponsabilidade das empresas á vista de que ningunha das accións previas, en vía administrativa fixo efecto”.  “Tiñamos a obriga de preservar unha das nosas xoias patrimoniais, así como a seguridade das persoas, dous obxectivos para nós primordiais”, explicou.

 

Desde o pasado martes, tense recuperado a normalidade no acceso ao Parque. Estase cumprindo o cupo de visitantes e non se teñen rexistrado problemas nas xornadas de onte e de hoxe.

 

Por parte dos colectivos asistentes hoxe á reunión indicaron que non rexistraron cancelacións de habitacións nos hoteis da cidade olívica.

Noticias relacionadas
Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados