Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 28 de agosto de 2017
MOTOR

A DGT roda en Praia América a súa nova campaña de concienciación en redes sociais

Guardar en Mis Noticias.

As facilidades dadas polo Concello e Costas para a gravación, xunto as propias características do areal, foron o motivo para que a productora se fixase en Praia América

[Img #34543]

 

Praia América será unha das localizacións estrela da nova campaña da Dirección General de Tráfico (DGT) destinada ás redes sociáis. Unha escena rodada esta mañá no areal nigranés pechará unha serie de spots nos que a DGT abandonará o seu tono máis dramático para, cun tinte de humor, concienciar sobre a importancia de coidar o  vehículo porque el, a súa vez, coida de ti. Trátase dunha escena na que unha moza vestida de branco corre emocionada pola beira da praia para abrazar un todoterreno vermello e é a única gravada en Galicia.

 

"A DGT, a través da productora, púxose en contacto co  Concello de Nigrán e, tras pedir autorización a Demarcación Xeral de Costas, démoslle tódalas facilidades porque consideramos que é unha oportunidade perfecta para promocionar as nosas praias en toda España", sinala Diego García Moreira, edil de Medio Ambiente e quen supervisou durante toda a mañá que o traballo non perxudicase en absoluto ao areal. Neste sentido, dende a productora madrileña Micropixel, que trasladou a 30 profesionais para a rodaxe, refiren entre os principais motivos para desprazarse a Nigrán as facilidades dadas dende o Concello e que a praia cumpre cos requisitos que andaban buscando: "É marabillosa, de area branca e moi ampla, perfecta para o que queríamos. Ademáis, non é un lugar masificado, polo que a rodaxe é moito máis sinxela do que podería ser no Levante", sinala o xefe de produción.

 

A gravación levouse a cabo durante toda a mañá (de 6:00 a 13:30 horas) e coincidindo en luns por ser un día de menos afluencia de bañistas. Así, reserváronse para este traballo 200 metros de areal á altura da Escola de Vela, colaborando en todo  momento Protección Civil e Policía Local de Nigrán. "Foi un luns de mañá co obxectivo de perxudicar o menos posible aos bañistas que soen empregar este tramo de praia", resume o alcalde, Juan A.González.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados