Jueves, 19 de julio de 2012
deportes

Karting na explanada do náutico ata o 22 de xullo

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

[Img #4394]A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá na presentación da 6ª Xira Galega de Karting, na que colabora a Xunta de Galicia. Trátase dunha actividade para toda a familia, nenos e maiores, e tamén para os afeccionados ao mundo do motor que permite desfrutar dunha experiencia automobilística a bordo dos karts nunha sesión de pilotaxe.


Bravo Bosch amosou así o apoio da Administración autonómica e máis concretamente da Consellería de Traballo e Benestar xa que, coma lembrou, os mozos e mozas que sexa titulares do Carné Xove que outorga a Dirección Xeral de Xuventude contarán cun aforro dun 30% neste evento. “É unha magnífica iniciativa na que conxugamos o ocio coa formación”, considerou a delegada territorial esta mañá en declaracións aos medios de comunicación.


O circuito da Xira Karting permanecerá aberto dende hoxe e ata o domingo 22 de xullo, todas as mañás (xoves e venres de 10 a 14 horas; sábado e domingo de 12 a 14 horas), e todas as tardes (de 17 a 22 horas).


Os nenos a partir de 8 anos ou 1,35 m disporán de 10 karts infantís cun motor HONDA de 120 cc, con sistema de seguridade a distancia, polo cal o director de carreira pode desaceleirar manualmente a calquer coche en pista. Os adultos disporán de 10 karts HONDA de 200 cc con embrague 2:1. Motores potentes e elásticos, fáciles de conducir sen renunciar a nada. Ademais, a Xira Karting pon a disposición do público un kart bipraza, para os máis pequenos que aínda non poden conducir.


A actividade está promovida, ademais de pola Xunta de Galicia, pola Zona Franca de Vigo, a Autoridade Portuaria, a Deputación de Pontevedra, Supermercados GADIS, Estrella Galicia 0,0, e Begano Coca-Cola.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados