Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 4 de septiembre de 2017
GALICIA

Vigo concentra o 82% das familias da área que se beneficiaron dos programas contra a pobreza enerxética da Xunta

Guardar en Mis Noticias.

Das 499 solicitudes concedidas do tícket eléctrico, 366 corresponderon á cidade de cabeceira cun importe que supera os 71.000 euros.

[Img #34706]

 

Vigo concentra o 82 por cento das familias da área metropolitana que se beneficiaron dos programas contra a pobreza enerxética da Xunta na convocatoria deste 2017, co obxectivo de facilitar o pago da factura eléctrica aos fogares máis necesitados e evitar que sufran cortes de luz e gas.

 

Así, das 499 solicitudes concedidas do tícket eléctrico social, 366 corresponderon a cidade de cabeceira da área metropolitana por un importe de 71.811,89 euros. A cifra ascende ata os 98.755,03 no cómputo global dos 14 municipios con beneficiarios. A contía desta subvención é de 180 euros ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 300 no caso das que acrediten ser, ademais, familia numerosa.

 

Outros 895 vigueses recorreron á axuda habilitada para evitar cortes de luz e gas, en base ao convenio que a Administración autonómica ten asinado coas compañías comercializadoras con este obxectivo. Neste caso o total de axudas concedidas foi de 1.035 con solicitantes de 13 municipios da área por unha contía de 70.356,36 euros, dos que 59.028,30 foron a parar a familias de cidade da oliveira.

 

 

 

 

Outros 895 vigueses recorreron á axuda habilitada para evitar cortes de luz e gas

 

 

 

 

Estas cifras foron presentadas hoxe en rolda de prensa polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quen incidiu en que Vigo concentra unha importante proporción dos demandantes da área, o que pon de manifesto, dixo, que hai que prestar “especial atención á cidade en materia de asistencia social”.  

 

Neste senso, recordou os datos feitos públicos a pasada semana dos que se extrae que a media de perceptores da Risga en Vigo é moi superior á provincial, do dobre exactamente, nunha proporción de 8,3 perceptores por cada mil habitantes fronte aos 4,018 que a reciben no conxunto da provincia pontevedresa. Cun total de 2.447 beneficiarios segundo os datos correspondentes ao pasado mes de agosto, a cidade suma o 48 por cento dos perceptores da Renda de Inclusión Social (Risga) de Pontevedra.

 

Cómpre lembrar que pese a que a cidade representa unha terceira parte da poboación absorbe preto de cinco de cada dez euros destinados pola Consellería de Política Social á Renda autonómica de Inclusión Social. Unha necesidade palpable, a xuízo do representante do Goberno autonómico, que entende que non é atendida co mesmo compromiso municipal. Referiuse concretamente López-Chaves ao feito de que Vigo sexa o concello da área que máis tarda en enviar os expedientes da Risga á Administración autonómica, superando os cinco meses. En canto aos tempos de tramitación, a Xunta segue a axilizar ao máximo os prazos de concesión desta prestación, en cuxa tramitación interveñen os solicitantes, os concellos e, por último, a Xunta.

 

Esta tardanza de máis de 150 días entre a data de solicitude ao concello e a de rexistro de entrada na Xunta prexudica gravemente aos veciños de Vigo, que nalgúns casos teñen que esperar ata sete meses para obter resposta.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados