Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Sábado, 9 de septiembre de 2017
O Porriño

Un ano do accidente ferroviario do Porriño con "poucos cambios na seguridade"

Guardar en Mis Noticias.

[Img #34902]

 

Pasou xa un ano dende o accidente do Porriño, onde o tren 00420 Vigo-Porto con vehículo automotor diesel S/592 traccionado por un maquinista portugués saliuse da vía na entrada da estación de  O Porriño. Dende O Sindicato Federal Ferroviario CGT  explican que o tren circulaba “con exceso de velocidade nos cambios que o desviaban a unha vía secundaria” ao tempo que valoran “as melloras feitas nas infraestruturas para que estes accidentes non volvan acontecer”.

 

Dende o sindicato excplican que “ se unha das causas polas que se produciu o accidente foi que o vehículo levaba instalado o ASFA convencional, ben é certo que agora mesmo todolos trens Vigo-Porto van circulan con ASFA dixital, salvo raras excepcións por falla de material, nas que se reforza o ASFA básico ca presenza de outro maquinista, pero tamén é certo que nas vías galegas seguen circulando vehículos de viaxeiros con ASFA básico como o do accidente, como son os vehículos S/596 (Tamagochis) que fan o percorrido Vigo-Valença, Vigo-Pontevedra ou Ourense-O Carballiño, e algúns vehículos S/440 que fan o percorrido Vigo-OurensePonferrada, todos eles conducidos por maquinistas das bases de Vigo e Ourense, con un amplo coñecemento deste sistema de seguridade básico”.

 

O certo é que o ASFA dixital debería estar instalado en todolos vehículos ferroviarios de viaxeiros, para garantir uns estándares de seguridade acordes cos avances tecnolóxicos en materia ferroviaria, pero os investimentos están indo destinados na súa gran maioría a Alta Velocidade ou a melloras das novas infraestructuras do Eixo Atlántico, onde estase a instalara xa o ERTMS, un moi moderno sistema de seguridade que monotoriza a conducción do tren, mentres noutros treitos seguimos tendo servizos ferroviarios con trens de 30 anos e sistemas de seguridade dos anos oitenta” explican dende CGT.

 

O Sector ferroviario do Sindicato CGT foron moi críticos co feito de que “os maquinistas españois e portugueses conduciran en países distintos a onde viñan traballando habitualmente, con sistemas diferentes de seguridade, rexeitando esta medida e solicitando que se mantivera a operativa de troco de maquinistas en Valença do Minho, como se viña facendo ata a imposición por Fomento dun sistema de interoperatividade pra o que foron formados maquinistas españois e portugueses, obrigando a que uns e outros conduciran polos países contrarios, sen que esta medida supuxera ningunha mellora na operativa diaria, xa que non se melloran nin os tempos de viaxe nin a seguridade nin a calidade do servizo, e polo contrario aumentan os gastos en pernoctacións en Vigo e Porto dos maquinistas, obedecendo por tanto a un capricho político de implantar unha interoperabilidade na conducción entre Galiza e Portugal”.

 

Tamén agardan “as conclusión da investigación da CIAF”, dende CGT solicitan “que non se queden nas causas técnicas de unha sobrevelocidade e un posíbel erro human e que investiguen porque se cometeu este erro, comparando as normas de seguridade vixentes en España e Portugal e si os códigos de sinais que o maquinista portugués foi atopando (verde e amarelo) antes de chegar a O Porriño, coinciden con outras semellantes na normativa portuguesa que teñan outro significado (verde e amarelo intermitente) e que pode dar lugar a unha confusión, especialmente os maquinistas portugueses que traballan en España en contadas ocasións”.

 

Por elo dende CGT aseguran que “rexeitamos o sistema implantado por Fomento de conducción dos maquinistas Portugueses por España e os Españois por Portugal, polo menos ata que non se instalen sistemas de seguridade mais modernos que os actuais, como pasa cos trens que traspasan a fronteira francesa por Perpiñan, onde funciona o ERTMS un sistema común en ambos países. Lembramos que de Valença do Minho a Nine non existe sistema automatizado de seguridade, funcionando o bloqueo telefónico”

 

Dende o Sector Ferroviario de CGT en Galiza xa propuxeron “que se destinaran investimentos a mellora da liña convencional Vigo-Ourense, construindo a saida Sur da nova estación de Urzaiz, continuando o túnel ata Os Valos e facendo a variante de O Porriño, que melloraría de xeito importante as conexións Galiza-Portugal dando continuidade o Eixo Atlántico A Coruña-Vigo cara a Portugal así como o desdobramento da infraestructura viaria ata as Neves e mellora do actual trazado ata Ourense”.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados