Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 15 de septiembre de 2017
GALICIA

Feijóo avanza que todo o alumnado do ensino obrigatorio terá formación en robótica e programación no curso 2020/21

Guardar en Mis Noticias.

Afirma que ese obxectivo se enmarca na Estratexia galega para a educación dixital 2020, que tamén contempla acabar coa fenda de xénero nos estudos STEM.

[Img #35086]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello que a Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, terá como obxectivos centrais que no curso 2020/21 todo o alumnado do ensino obrigatorio teña acceso a formación en robótica e programación; así como acabar coa fenda de xénero nos estudos STEM, isto é, de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.

 

Entre as principais medidas que se van implantar para acadar este dobre obxectivo, Feijóo destacou as seguintes: a extensión dos kits de robótica a todos os centros de ensino obrigatorio, a creación do bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía, a posta en marcha dos Espazos Maker como zonas de creación científica e a mellora do sistema de libro dixital, con máis centros, mellor conectividade, mellores equipamentos e mellores contidos.

 

Nesta liña, lembrou que nos últimos cursos foron incorporándose aos currículos novas materias de libre configuración autonómica como Robótica, Programación ou Identidade dixital, que debuta este curso. Paralelamente, durante o curso pasado repartíronse kits de robótica, programación e impresión 3D en todos os centros de secundaria.

 

“O curso pasado, houbo 514 alumnos de bacharelato cursando Robótica en 41 centros e preto de 3.971 alumnos de 1º e 2º de ESO que deron Programación en 114 centros”, dixo. Ademais, establecéronse marcos estables de colaboración con entidades e sociedade civil, e desenvolvéronse outras accións -como Club de ciencia ou Desafío STEM- que teñen como principal fin estimular o espírito científico entre a mocidade.

 

Deste modo, hoxe xa hai 12.000 alumnos implicados nalgunha acción de formación científico-tecnolóxica e máis de 750 kits de robótica despregados.

 

 

 

 

Sinala que entre as principais medidas que se van implantar para acadalo están: a extensión dos kits de robótica a todos os centros de ensino obrigatorio, a creación do bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía, a posta en marcha dos Espazos Maker, e a mellora do sistema de libro dixital

 

 

 

 

Como primeira gran medida do plan, o presidente da Xunta explicou que durante o ano académico que está comezando se levarán os kits de robótica a 120 centros de primaria e se ofrecerá ao profesorado un plan de formación específico para coñecer mellor estes novos recursos.

 

“O obxectivo, no horizonte 2020/21, é que todos os centros de primaria dispoñan de kits de robótica e programación, para que os galegos desde a primaria aprendan a destreza nestas disciplinas”, incidiu.

 

Bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía
En relación á segunda gran iniciativa: a posta en marcha do bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía, Feijóo precisou que os mozos que o cursen terán unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, dedicada a afondar no seu coñecemento sobre as materias STEM.

 

“En lugar de 32 horas lectivas, pasarán a ter 34 ou 35, ademais de participación en charlas, obradoiros ou cursos”, aseverou, ao que engadiu que o alumnado deberá realizar, ao longo de dous cursos, un traballo de investigación semellante aos traballos de fin de grao e deberán facer unha defensa pública do proxecto, que será avaliado por unha comisión.

 

Ao final da etapa, os alumnos recibirán unha certificación na que se acredite que realizaron este bacharelato de excelencia. O obxectivo é que, no curso 2020/21, Galicia conte con 20 centros de ensino secundario con bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía.

 

Espazos Maker e libro dixital
Esta estratexia para a educación dixital integra tamén o desenvolvemento dos Espazos Maker, zonas con equipamento específico dedicadas a fomentar a creatividade e a innovación da mocidade. Estímase que desta iniciativa se beneficien 300 centros no horizonte 2020/21.

 

 

 

 

Avanza que os mozos que cursen o novo bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía cursarán unha materia extracurricular semanal e, ao final da etapa, os alumnos recibirán unha certificación que o acredite

 

 

 

 

Con respecto ao cuarto eixo do plan, prevese estender o libro dixital a 300 centros e a máis de 20.000 alumnos no curso 2020/21, contando con dúas novidades: un módulo específico nos plans de convivencia para traballar a identidade dixital e prever condutas negativas en Internet e premios individuais á creatividade en contornas dixitais vinculados aos proxectos dos centros.

 

Rede de centros ‘eSTEM.gal’
Ademais destes catro grandes eixos, a estratexia tamén incorpora outras novidades como a a creación da rede de centros 'eSTEM.gal', que aglutinará aqueles centros cunha especial motivación polo desenvolvemento científico-tecnolóxico, permitíndolles compartir as boas prácticas e crear comunidades de interese.

 

Coa previsión de sumar 100 centros a esta rede no horizonte 2020/21, os que se integren na rede partirán con beneficios á hora de participar en proxectos de innovación educativa.

 

Máis formación para o alumnado
Así mesmo, para os alumnos cunha gran vocación científica, esta estratexia abre tamén a posibilidade de que poidan ir formarse uns meses a outro centro educativo, nacional ou estranxeiro.

 

Tamén orientado aos científicos en potencia, este curso comezarase a celebrar a Semana STEM, que brindará de xeito gratuíto a 300 alumnos unha inmersión lúdica nos ámbitos vinculados coa robótica, programación o pensamento computacional ou as tres dimensións.

 

 

 

 

Indica que a estratexia integra tamén o desenvolvemento dos Espazos Maker, zonas con equipamento específico dedicadas a fomentar a creatividade e a innovación. Estímase que desta iniciativa se beneficien 300 centros no horizonte 2020/21

 

 

 

 

Ademais, a Estratexia ambiciona multiplicar por 20 o número de clubs de ciencia que hai no ensino público galego, pasando dos 10 do curso pasado a 200 dentro de tres cursos.

 

10.000 prazas para docentes
No tocante á formación do profesorado, Feijóo afirmou que, ao igual que ocorre co plurilingüismo, se porá á disposición dos docentes máis de 10.000 prazas de formación específica, para garantir a mellor calidade no ensino.

 

Logo de afirmar que se trata dunha “estratexia completa que deseñamos aos poucos días de comezar este curso para concretar cales son os obxectivos xa do próximo curso e dos seguintes”, Feijóo amosouse convencido de que “vai haber unha importantísima evolución no sistema educativo, un ensino axeitado ás necesidades actuais e futuras da sociedade, e un ensino especializado e orientado á excelencia e a minorar esa fenda de xénero entre as mozas e os mozos para facer carreiras no ámbito das ciencias e da enxeñería”, asegurou.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados