Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de septiembre de 2017
TUI

Multas de entre 200 e 800€ por coolocar carteis e anuncios en Tui

Guardar en Mis Noticias.

Así o recolle a ordenanza municipal de Ornato e Limpeza Viaria

[Img #35113]

 

A colocación de carteis, bandeirolas, rótulos, adhesivos ou outros elementos publicitarios en mobiliario urbano, nos parabrisas ou outros puntos de coches e en calquera outro punto fóra dos lugares establecidos está prohibido tal e coma recolle a Ordenanza Reguladora de Ornato e Limpeza Viaria.   A colocación de carteis fóra dos lugares permitidos está considerado coma infracción leve, e o pegado de elementos publicitarios no mobiliario urbano coma infracción moi grave, polo que estes feitos poderán ser sancionados con multas que oscilan entre os 200€ e os 800€ coma sinala a ordenanza municipal.

 

A sanción recaerá sobre a empresa ou particular que se publicite ou apareza no citado anuncio. Dende o Concello de Tui realizase este recordatorio ante a aparición nos últimos días de gran número de carteis en mobiliario urbano, algo que está prohibido e poderá ser sancionado de acordo a esta ordenanza. Coa mesma búscase manter Tui limpo e en condicións de ornato, algo para o que é imprescindible a colaboración cidadá. 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados