Lunes, 23 de julio de 2012
PROVINCIA

Catro empresas optan a xestionar o consorcio provincial de bombeiros

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

Trátase dun contrato de 22 millóns de euros, cunha vixencia de 8 anos

[Img #4431]Catro empresas presentaron as súas ofertas para optar á xestión do servizo de intervención en emerxencias do Consorcio Provincial de Bombeiros, cuxo prazo para presentar as solicitudes de participación no concurso se pechou o sábado, 21 de xullo.

As empresas presentadas son Martinsa (con domicilio social en Madrid), Veicar- Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto-Puga, S.L, con domicilio social en Bergondo (A Coruña); Clece S.A., con domicilio social en Valladolid; e a unión temporal de empresas UTE Santiaguesa Metropolitana SLU-Autos Carballo SLU, con domicilio social en A Baña (A Coruña).

O orzamento de licitación ascende a 22.202.384,40 euros e a concesión farase por un período de 8 anos, a razón de 2.775.298,05 € por ano.

Na actualidade, o Consorcio Provincial de Bombeiros está sendo xestionado por Celta Prix, que remata a vixencia do seu contrato o 15 de agosto. No entanto, o prego de condicións que rexe esta concesión establece un período de tránsito co obxecto de evitar un baleiro entre a finalización deste contrato e a nova adxudicación.

Este período de transición supón que a actual concesionaria seguirá a facerse cargo do servizo ata o momento no que se lle adxudique a unha nova empresa.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados