Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 25 de septiembre de 2017
MOTOR

Peugeot Belville, e a cidade ideal existe!

Guardar en Mis Noticias.

[Img #35215]

 

Revelado en novembro de 2016 no EICMA de Milán, Peugeot Belville é o novo scooter roda alta da marca do León. Fácil de pilotar e práctico para o día a día, Peugeot Belville -  cuxo nome homenaxea o barrio parisiense do mesmo nome- permite ao seu condutor redescubrir os praceres da cidade. Peugeot Belville é un vehículo urbano moderno que seducirá a quen busca elegancia, propia da marca Peugeot Scooters.


Para a comodidade do seu piloto, Peugeot Belville ofrece unha ampla capacidade de carga para un scooter da súa categoría, perfecta para levar os obxectos para o día a día:

  • Un maleteiro situado debaixo do dobre sillín permite aloxar un casco integral,
  • Un top case de 37l de serie1 con sistema de fixación exclusivo Peugeot que se engancha facilmente e dotado co dispositivo «chave única» que permite abrilo coa mesma chave coa que arrincar o vehículo. Este aloxamento suplementario permite por exemplo gardar o casco integral do pasaxeiro ou do condutor pero tamén roupa de choiva ou un computador portátil,
  • Unha guantera con peche con USB,
  • Un chan plano ultra práctico en posición de condución,
  • Un gancho cuelgabolso no escudo interior,
  • E para comodidade do pasaxeiro, uns repousapés escamoteables de aluminio.

 

Peugeot Belville está equipado cun panel de instrumento numérico dunha instrumentación completa que integra 2 modos de visualización: un velocímetro & un cuentarrevoluciones, así como un velocímetro numérico. Ademais, desde o panel de instrumentos, o piloto pode acceder ao warning, aos intermitentes (con avisador acústico para reforzar a seguridade en condución e lembrar ao piloto apagalos en caso de esquecemento) e ao botón de apertura do maleteiro, para máis facilidade de uso.


O Peugeot Belville 125 Allure & RS esta dispoñible por 2999 € IVE incluído con 1 ano de seguro a Todo Risco de agasallo para matriculacións antes do 30 de novembro.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados