Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 23 de septiembre de 2017
MOS

A Unión Deportiva Mos presenta equipo para a nova tempada

Guardar en Mis Noticias.

Os/as xogadores/as de tódalas categorías do club recibiron a visita da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.

[Img #35281]

 

Hoxe pola tarde celebrouse a presentación da Unión Deportiva Mos no Campo de Fútbol das Baloutas con motivo do comezo da tempada 2017-2018. Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, Baldomero Lorenzo, o presidente da U.D. Mos, Pablo Serodio, e demais membros da directiva do club.


O club está composto por 14 equipos, con xogadores e xogadoras de idades comprendidas entre os 3 e os 50 anos. Sen dúbida o groso do club atópase nas categorías máis novas.


[Img #35280]A Unión Deportiva Mos conta con case 150 licenzas federativas apenas contando ás categorías de Fútbol Sala e Fútbol Oito. Precisamente aquí é onde se atopa o maior activo do club, xa que ano tras ano aumenta notablemente o número de novos xogadores que se incorporan á escola, destacando aos máis pequenos de categoría Biberón, idades de tres a seis anos, que disputa a Liga de Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol. Adestran no Pavillón Óscar Pereiro e aínda están abertos a novas inscricións.


Nas categorías de Fútbol 11 o club conta con equipos federados en todas elas, destacando os dous equipos Senior, un masculino que compite en Primeira Autonómica a nivel provincial e outro feminino que disputa a Primeira categoría galega de fútbol feminino, desprazándose por toda a comunidade autónoma para disputar os encontros oficiais. Nestas categorías o club conta cun total de 120 licenzas federativas.


[Img #35282]Sen dúbida a Unión Deportiva Mos consolidouse como uns dos clubs de maior envergadura da contorna sumando un total de 250 licenzas federativas e 14 equipos en competición, dos cales se encarga un persoal de técnicos composto por un total de 20 adestradores e adestradoras, todos eles con titulación oficial, entre os que podemos atopar titulados pola Federación Galega de Fútbol, licenciados en Educación Física e ata varios ex xogadores profesionais de fútbol. O club tamén dispón dun fisioterapeuta interno todas as tardes ao servizo de todos os xogadores de forma totalmente gratuíta. Con estes datos pódese entender porqué o Campo Municipal de Fútbol das Baloutas é un sen parar de nenos, nenas, adestradores, pais e nais durante os sete días da semana. E é que tanto o club como a instalación convertéronse nun dos alicerces máis firmes para os practicantes do deporte do fútbol da zona.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados