Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 25 de septiembre de 2017
A LOURIÑA

Ata setembro de 2018 non finalizarán as obras de mellora da A-55

Guardar en Mis Noticias.

As mareas municipalistas da contorna Marea de Vigo, EU-SON Porriño e GañaMós, esixen que se reanuden as obras na maior brevedade

[Img #35331]

 

O Ministerio de Fomento iniciaba en outubro de 2015 os traballos de mellora da seguridade na A-55 que afecta os municipios de Mos, O Porriño e Vigo. As obras contaban inicialmente cun prazo de execución de 19 meses, que finalmente serán 33 meses ao quedar fixado o prazo máximo de execución en setembro do ano 2018.

 

Desde Fomento xustificaban a demora por lacomplejidad de traballar coas subministracións que atravesan o viario como liñas eléctricas, iluminación, cableados da DXT e servizos urbanos, entre outros.

 

As mareas municipalistas esixen que se reanuden as obras na maior brevedade


Para Marea de Vigo, EU-SON Porriño e GañaMós “case houbo máis actividade cando Fomento e Xunta viron fai máis de dous anos a anunciar estas obras como de execución inmediata que nestos anos transcurridos”.

 

Nun comunicado aseguran que “a desculpa esgrimida por Fomento, a complexidade das obras de reforma, reflexa tanto a improvisación coa que anunciaron e iniciaron as obras en período electoral como a incapacidade manifesta para xestionar os recursos públicos por parte do Partido Popular”.

 

Fomento xustifica esta demora á presenza de servizos afectados como liñas eléctricas, de iluminación ou da DXT

 

Explican que “non fai falla redundar na alta siniestrabilidadde desta autovía para lembrar a urxencia da execución destas melloras nos accesos”.  Dende as mareas municipalistas da contorna esixen “que se reanuden as obras a maior brevedade cun programa de execución serio, sen máis burlas a cidadanía, e que se invirta a totalidade da partida comprometida”.


Solicitan tamén que “namentras non se rematan as obras se libere o peaxe da AP-9 no treito entre Vigo e Tui como alternativa a situación da A-55”.

 

Por último instan a Fomento que “namentras as obras esten paralizadas sen data próxima de reanudación revise a necesidade de manter a sinalización provisional e elementos de balizamento na calzada da autovía A-55, xa que esta resulta en si mesma un perigo para o trafico rodado e un obstáculo para a circulación fluida”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados