Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 6 de octubre de 2017
NIGRÁN

Aberto o prazo de votación para elixir os premios 'Economía Azul' nos que Nigrán é finalista

Guardar en Mis Noticias.

O evento compite na categoría de 'Diversificación' cun proxecto de turismo industrial na Costa da Morte e con outro para facer da lonxa do Grove un lugar máis atractivo. O prazo de votación está aberto ata o 22 de outubro a través da web https://galp.xunta.gal.

[Img #35530]

 

O prazo de votación popular para elixir os premios 'Economía Azul' nos que “Nigrán, mar de sabores” é finalista na categoría de 'Diversificación' está aberto ata o día 22 de outubro a través da web galp.xunta.gal. O evento que fusiona gastronomía, ocio e tradición mariñeira organizado entre Concello e Confradía de Pescadores ‘A Anunciada’ no Porto de Panxón coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), compite cun proxecto de turismo industrial na Costa da Morte e con outro para facer da lonxa de O Grove un lugar máis atractivo. A entrega de premios será nunha gala na Cidade da Cultura de Santiago o 27 de outubro.

 

O proxecto 'Nigrán, Mar de Sabores', foi escollido como finalista dentro da categoría de Diversificación, modalidade que ten por finalidade a de promover a diversificación dentro e fora do sector pesqueiro, principalmente cara outras actividades marítimas. Os obxectivos deste premios 'Economía Azul' son recoñecer os mellores proxectos aprobados no ano 2016 no marco da implantación das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo dos GALP, que contribuíron ao Desenvolvemento Sostible das zonas pesqueiras; motivar a potenciáis promotores para que presenten proxectos ao abeiro das EDLP dos GALP e, finalmente; visibilizar e recoñecer o traballo dos GALP nas zonas pesqueiras.

 

Con este evento Nigrán quere por en valor os produtos pesqueiros locais máis representativos do municipio e o patrimonio cultural asociado ao mesmo. Así, ofrécese degustar diferentes pratos elaborados con productos que comercializa o pósito e ao mesmo tempo hai unha programación ininterrumpida de ocio para todo tipo de público e que inclúe dende exhibicións a obradoiros, xogos, actuacións musicais, exposicións fotográficas, acuarios con especies mariñas locais... Esta segunda edición, celebrada o 2 e 3 de setembro, tivo como eixo a promoción e protección do medio ambiente marítimo e incluirá roteiros medioambientais pola contorna.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados