Viernes, 27 de julio de 2012
provincia

Mozos e mozas descendentes de emigrantres galegos coñecen Vigo e a súa área

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañounos nunha visita que fixeron esta mañá ao Concello de Baiona.

[Img #4472]Un total de 41 mozos e mozas descendentes de emigrantes galegos coñecen nestes días a cidade de Vigo e a súa área de influencia a través da campaña de verán da Xunta de Galicia. A Consellería de Traballo e Benestar e a Secretaría Xeral de Emigración coordinan esta iniciativa, que leva o nome de “Rutas Coñece Galicia”.


Así, dos 220 mozos e mozas que participan nesta actividade en toda a Comunidade Autónoma, un total de 41 están a pasar estes días nas Rías Baixas, descubrindo por exemplo o encanto da Ría de Vigo, e visitando lugares como a praia do Vao ou as Illas Cíes, en Vigo; ou a Virxe da Roca e a Carabela Pinta, en Baiona, onde esta mañá estivo a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, para darlles a benvida e acompañalos na súa visita ao municipio miñorano.


Os participantes deste programa están aloxados na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo dende o pasado 17 de xullo e ata o día de mañá, 28 de xullo. Proceden de Arxentina, Brasil, Cuba, Venezuela e Uruguai, e teñen entre 18 e 22 anos. Por primeira vez este ano, tamén participan mozos e mozas galegas co fin de mellorar o coñecemento mutuo e o intercambio.


Ademais deste programa, a campaña de verán da Xunta inclúe máis actividades que chegarán este ano a máis de 8.000 mozos e mozas de entre 9 e 35 anos, e que contan cun orzamento de máis de 2,3 millóns. Consiste en actividades como campamentos de verán, intercambio con outras comunidades autónomas, actividades para maiores de 18 anos ou campos de traballo.


“Rutas Coñece Galicia” é un programa que permite achegar aos seus participantes a realidade galega dende todas as facetas posibles, e promover o intercambio cultural, dende o descubrimento da nosa xeografía e paisaxe galegas, e da nosa historia e tradicións, achegando Galicia ao mundo, e fortalecendo así os vínculos de unión co exterior.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados