Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 9 de octubre de 2017
TUI

O Consorcio do Louro aconsella un uso responsable da auga ante a situación de alerta por seca

Guardar en Mis Noticias.

[Img #35664]

 

Recentemente a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil acordou declarar a situación de alerta por seca en todo o territorio da súa competencia, tendo en conta que en determinadas zonas, especialmente en puntos de fora da Comunidade Autónoma de Galicia, os caudais dalgúns ríos están por debaixo do 50% do seu caudal normal.

 

Ante esta situación, e de acordo coas medidas contempladas nos plans especiais de actuación en situación de alerta, o Consorcio informa a todos os usuarios que deben facer un uso responsable da auga, reducindo no posible a rega de xardíns, enchido de piscinas, baldeo de rúas, así como para fomentar o aforro de auga con pequenos xestos diarios como non encher a bañeira e utilizar a ducha, pechar a billa mentres se enxabona, encher ben as lavadoras e lavalouzas, etc.

 

[Img #35650]

 

Por outra banda, a Oficina Técnica da Seca de Augas de Galicia tamén ten declarado a situación de alerta por seca en 6 dos 19 sistemas hidrolóxicos de Galicia, entre os que se atopa os sistema do cal provén a auga que abastece a Mos, O Porriño e Salceda de Caselas.

 

Estas medidas de sensibilización, por outra banda, non implican de momento ningunha restrición específica para o uso de auga de consumo, estando garantido o abastecemento de auga á poboación.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados