Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 10 de octubre de 2017
GALICIA

A CIG aposta por convocar folga no sector da seguridade privada

Guardar en Mis Noticias.

"Tras 10 meses de contactos a patronal continúa a facer propostas insuficientes" explican.

A CIG vén de anunciar que até o vindeiro día 16 levará a cabo asembleas de traballadores/as no sector da seguridade privada nas sete comarcas galegas "para darlle continuidade  as mobilizacións e accións sindicais que finalmente desemboquen na convocatoria dunha folga". Dende a central denuncian que tras 10 meses de negociacións para renovar o convenio colectivo estatal a patronal continúa a achegar propostas insuficientes.

 

O anuncio foi feito polo responsábel de negociación colectiva da CIG-Servizos, Pedro Pérez, que explicou que "o sector vive un estado de tensión e indefinición pola parte empresarial que levou á ruptura dos contactos o pasado 28 de setembro". “Atopámonos cunha absoluta parálise da patronal, adiando as reunións e facendo propostas totalmemte inasumíbeis, e non querendo dar  resposta á única plataforma de negociación presentada, que foi a da CIG”, indica.

 

Con todo, a patronal maioritaria do sector, Aproser, convocou a representación sindical a unha xuntanza o pasado luns 2 de outubro na que anunciou a súa disposición a retirar da mesa as propostas máis regresivas: conxelación da antigüidade, recortes no complemento por Incapacidade Temporal (IT) e novo tratamento do transporte de fondos (o que suporía a perda de empregos no sector). Ademais, achegaron unha nova oferta económica que contempla un incremento salarial do 0% para 2017; do 1,4% para 2018; e do 1,3% en 2019.

 

“Para a CIG isto non deixa de ser unha operación de maquillaxe que non dá resposta ás necesidades do sector, xa que nos últimos 10 anos a perda de poder adquisitivo foi do 9% en relación co IPC, con varios anos co salario conxelado, redución dos pluses de nocturnidade, festividade, que xunto cos de transporte e vestiario que eliminaron das pagas extras, todo isto evidentemente non se recupera con esta proposta”, sostén Pérez.

 

Neste senso, lembra que dende a central sempre defenderon que este convenio ten que supoñer un avance e a recuperación dos dereitos económicos e sociais roubados na última década. “En ningún caso pode significar máis do mesmo”, asegura. Polo tanto, a posición da CIG na mesa de negociación "foi considerar insuficiente a proposta e manter que a única vía para lograr un convenio digno é a confrontación na rúa".

 

Este padado luns había convocada unha nova xuntanza en Madrid, na que Pérez insistía nas propostas da central. “Mais observamos que vai ser difícil que as teñan en conta porque a posición dos sindicatos estatais deixa ver un posíbel acordo que non iría no camiño que defendemos”.

 

Polo tanto, a CIG levará a cabo asembleas de sector nas sete comarcas do país até o vindeiro día 16 co obxectivo de continuar as mobilizacións e accións sindicais oportunas para desembocar na convocatoria dunha folga xeral na seguridade privada galega.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados