Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 12 de octubre de 2017
TOMIÑO

Novos colectores de recollida de téxtil no Concello de Tomiño

Guardar en Mis Noticias.

O Concello de Tomiño estrea esta semana 9 colectores para a recollida de material téxtil, incluíndo roupa usada, calzado e tecidos utilizados no fogar para a súa posterior reciclaxe.

[Img #35694]Os novos colectores instaláronse en lugares de paso ou moi frecuentados pola poboación tomiñesa tales como: os arredores do Auditorio de Goián, as inmediacións do CEIP de Goián, da gasolineira, do Centro de Saúde de Tomiño, na área deportiva de Mosteiro, en San Salvador, no aparcamento da rúa Calzado no Seixo, fronte á farmacia de Carregal e na illa de reciclaxe próxima ao CEIP de Sobrada.

 

A recollida de materiais é levada a cabo pola empresa TEXLIMCA, á cal lle foi asignado o servizo mediante un proceso de adxudicación aberto e competitivo, ao que concorreron varias empresas e no que se avaliaron diferentes aspectos do servizo, introducíndose criterios relacionados coa recuperación completa dos materiais recollidos e con campañas informativas e formativas á poboación, con especial atención ao público infantil a través dos colexios.

 

O Concello de Tomiño será así o primeiro concello da provincia de Pontevedra na que a empresa TEXLIMCA realiza a recollida téxtil. A empresa dedicase á recuperación e reciclaxe de roupa e calzado usados, para a súa reutilización e/ou reconversión en téxtil industrial. Actualmente realiza o servizo en concellos como o de A Coruña, Santiago de Compostela ou nalgúns concellos do norte de Portugal, e proximamente comezará a funcionar tamén en Vigo e Ponteareas.

 

Dende a Concellería de Medio Ambiente afirman que esta iniciativa constitúe un paso máis no proceso de implantación de novas recollidas selectivas, co obxectivo final de diminuír a cantidade de lixo que vai ó colector verde, rebaixando tanto os custes económicos como ambientais e ecolóxicos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados