Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 10 de octubre de 2017
GONDOMAR

O Conservatorio Elemental de Gondomar visitará o Pergamiño Vindel

Guardar en Mis Noticias.

[Img #35696]

 

Os alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar visitarán o Pergamiño Vindel o vindeiro 8 de Novembro no Museo do Mar de Galicia. Con esta iniciativa o conservatorio de Gondomar, convertirase no primeiro centro especializado en música de toda Galicia en visitalo Pergamiño, que contén sete cantigas de amigo compostas polo trovador do século XIII Martín Códax.

 

Durante o mes de outubro os alumnos do conservatorio de Gondomar traballarán as pezas musicais escritas en notación medieval nas clases de linguaxe musical, educación auditiva e vocal, coro e orquestra. Un proxecto levado a cabo grazas a Concellería de Cultura, que involucrará a tódolos profesores, alumnos, nais e pais do centro de toda a comunidade educativa.”

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados