Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 11 de octubre de 2017
NIGRÁN

López-Chaves visita na Residencia de Panxón aos 135 participantes no programa “Reencontros na Terra”

Guardar en Mis Noticias.

[Img #35724]

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou onte aos 135 participantes do programa “Reencontros na Terra”. Acompañado pola xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, achegouse ata a Residencia de Panxón na que se aloxan desde o pasado 3 de outubro en réxime de pensión completa nunha estadía de dúas semanas.

 

Chegados de Arxentina (70 persoas), de Uruguai (33 persoas), de Venezuela (24 persoas), Brasil (2 persoas) e de Cuba (5), culminarán esta primeira fase do programa cunha visita a Santiago de Compostela con percorrido pola cidade monumental e recepción institucional do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

 

A segunda fase consiste nunha estadía xunto ás súas familias de Galicia, coas que poden permanecer ata completaren un tempo máximo de corenta e cinco días. Trátase dun complemento á estadía “oficial” que supón para moitas das persoas beneficiarias unha oportunidade única de volveren a atopar as súas profundas raíces persoais e redescubriren as ligazóns familiares deixadas atrás, pero non por iso esquecidas.

 

O programa “Reencontros na Terra”, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da Consellería de Política Social, ten por finalidade favorecer o achegamento de emigrantes galegos e galegas que teñen cumpridos 65 anos á súa terra e ás súas familias.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados