Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 12 de octubre de 2017
MOS

Preparación das probas libres para a obtención do título de graduado en ESO en Mos

Guardar en Mis Noticias.

[Img #35736]

 

O  Concello de Mos a través da Concellaría de promoción económica, emprego e novas tecnoloxías, dirixida por Oscar Soto Abadín, continúa coas políticas de emprego destinadas a facilitar e mellorar a capacitación e a inserción laboral daquelas persoas con baixa cualificación ou que non tivesen os estudos mínimos de secundaria. Dentro do Programa de 2ª Oportunidade, encádrase o programa destinado á preparación para as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO). O obxectivo é que a través do apoio titorial e formativo poidan a mediados do ano 2018 estar en condicións de presentarse a esas probas e poidan obter a titulación de graduado en ESO, ou a lo menos, a aprobación de varios ámbitos, que lles facilite obtelo en diferentes convocatorias.

 

Esta oferta trae a súa razón, da importancia que ten estar en posesión desta titulación para acceder actualmente a diversos postos de traballo e á formación a través de certificados de profesionalidade dun nivel superior.

 

Tódolos interesados deben formalizar a súa matricula na Axencia de Colocación de Mos, Avda. de Peinador, 39, Tameiga, Mos (Pontevedra), se pode ser antes do día 13 de outubro, para iniciar co grupo  de tarde a partir do 16 de outubro.

 

As clases serán de 5 horas, tódolos luns de cada mes, de 17:00 a 22:00 h. Se se fixese grupo de mañá, a formación sería tódolos mercores de cada mes, de 09:00 a 14:00 h. A metodoloxía empregada consistirá nunha titoría grupal e individual o día de asistencia á clase e de preparación por cada alumno durante toda a semana da materia que o docente estableza dacordo á programación inicial e que ten como obxectivo cubrir as materias necesarias para a obtención con éxito do título de graduado en ESO. Ademáis, incorpóraránse sesión de teleformación ou on line, que permitirá a todolos alumnos_as estar conectados diariamente co titor/a.
Aquelas persoas ás que lles sexa imposible asistir ese día, pódense acercar á Axencia calqueira outro día, onde se lle dará todala información que necesiten, ou ben pódena solicitar a través do correo electrónico: info@axenciadecolocacionmos.es

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados