Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 15 de octubre de 2017
GALICIA

Cultura destina 300.000 euros a apoiar a actividade de 70 escolas de música

Guardar en Mis Noticias.

A consellería ven de resolver a orde de axudas dirixida tanto a entidades que dependen dos concellos como das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro.

Un total de 70 escolas de música de toda Galicia beneficiaranse da nova orde de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dotada con 300.000 euros, e dirixida tanto a entidades dependentes dos concellos como de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro.

 

Tal como publica esta semana o Diario Oficial de Galicia (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171011/AnuncioG0164-051017-0002_gl.html), un total de 55 escolas municipais de música doutros tantos concellos recibirán axudas por importe de 250.000 euros; mentres que outras 15 formacións dependentes doutras entidades reciben apoio por un importe de 50.000 euros.

 

Tal e como figuraba na convocatoria, na valoración de solicitudes tivéronse en conta aspectos como o número de alumnado matriculado, de especialidades instrumentais impartidas, do profesorado e tempo de dedicación, así como as dimensións das instalacións, o volume do orzamento do centro e o importe total que o centro percibe do alumnado pola impartición das ensinanzas.

 

A Consellería habilitou esta nova liña de axudas co fin de potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música, sobre todo tendo en conta a súa crecente demanda. Ademais, tamén se busca apoiar aquelas iniciativas que implican fomentar, difundir e estender entre a sociedade xeral, e en especial entre o público xuvenil, a ensinanza musical desde unha formación non regrada.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados