Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 19 de octubre de 2017
TUI

O Colectivo Contra a Moción de Censura en Tui anuncia que permanecerá "activo"

Guardar en Mis Noticias.
Noticia clasificada en: MOCIÓN CENSURA TUI

Rexeitan "os comportamentos dalgunhas persoas que no Pleno proferiron insultos e ameazas".

[Img #36019]

Unha vez aprobada a moción de censura que levou á alcaldía de Tui a Carlos Vázquez Padín o Colectivo Contra a Moción de Censura en Tui emitiu un comunicado no que amosan "agradecemento ás numerosísimas persoas de Tui que nos deron o seu apoio, e mobilizáronse, no labor de desvendar os intereses agochados detrás deste cambio de goberno e as mentiras nas que se basea".


Tamén aseguran que manterán  "a existencia como Colectivo activo no tempo que dure o mandato desta Corporación Municipal, até o ano 2019".


Por último rexeitaron "os comportamentos dalgunhas persoas que no Pleno  proferiron insultos e ameazas. A este respecto, unha vez máis, manifestamos o noso desexo de que os pronunciamentos políticos se fagan sempre con respecto ás persoas e mantendo as normas civilizadas de convivencia".
 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados