Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 19 de octubre de 2017
TUI

Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, fai públicas as delegacións nos membros do goberno municipal

Guardar en Mis Noticias.
Noticia clasificada en: MOCIÓN CENSURA TUI

O novo goberno terá unha dedicación completa do alcalde e tres parciais non superando o gasto político do anterior goberno

[Img #36020]

 

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de facer públicas as delegacións da alcaldía nos membros do equipo de goberno e as dedicacións que haberá no seu goberno, que "non superarán economicamente as do anterior, estando incluso un pouco por baixo" segundo explican nun comunicado do Concello de Tui.

 

Carlos Vázquez Padín asume as áreas de Facenda, Participación Cidadá e Medio Rural e terá dedicación exclusiva total. O primeiro tenente de alcalde será Antonio Castro Negro, do PP, que asume amais Seguridade Cidadá, Fomento e Protección Civil. Terá unha dedicación parcial. Milagros González Monteiro, de Ciudadanos Tudense, será a segunda tenente de alcalde, e será a responsable das áreas de Educación, Mercados e Persoal. Contará cunha dedicación parcial ao igual que María Jesús da Silva Fernández, de Alternativa Popular de Tui, que será a terceira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo.

 

Eduardo Freiría Martínez, de Converxencia 21, será o cuarto tenente de alcalde, e terá as delegacións de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente.  A concelleira do Partido Popular Estrella Carmen Muradas Maceira levará a área de Servizos Sociais. O tamén popular José Rodríguez Romero será o responsable de Vías e Obras, Parque Móbil, Limpeza e Alumeado. Mentres Andrés Urseira González, de Ciudadanos Tudenses, será o concelleiro de Deportes, Turismo, Eurocidade e Relacións Supramunicipais. Por último Yovana Velázquez Torres, do Partido Popular, será a concelleira de Comercio e Industria.

 

O alcalde, Carlos Vázquez Padín,  avanzou tamén que a Xunta de Goberno Local, estará conformada por el mesmo xunto a Antonio Castro Negro, Milagros González Monteiro, María Jesús da Silva Fernández, Eduardo Freiría Martínez e Estrella Carmen Muradas Maceira.

 

Carlos Vázquez Padín, como alcalde asume a presidencia das comisións informativas, salvo a de Cultura que será presidida polo seu compañeiro de C21, Eduardo Freiría.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados