Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 25 de octubre de 2017
TURISMO

Un parque nacional único no mundo

Guardar en Mis Noticias.

No arquipélago das Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada sitúase un dos dous únicos destinos Starlight de Galicia, como excelente punto de observación astronómica e as súas illas tamén destacan como destino para o avistamento ornitolóxico.

[Img #36117]

 

Falar do Parque Nacional das Illas Atlánticas é falar de natureza en estado puro. A súa riqueza, tanto no que se refire á súa fauna como á súa vexetación, xunto coa espectacularidade da súa paisaxe o converten nunha das xoias do patrimonio natural de Galicia. A candidatura Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, impulsada polo Goberno galego, incluíse xa na lista indicativa española dentro dos procedementos que forman parte do proceso de Declaración como Patrimonio Mundial. Un gran paso que pon en valor a singularidade deste arquipélago que é, ademais, un dos dous únicos destinos turísticos Starlight da Comunidade galega, polo seu gran interese como punto de observación astronómica.

 

 

 

O Parque ofrece espectaculares noites para contemplar o celo estrelado galego

 

 

 

Xunto con Pena Trevinca, en Ourense, o Parque Nacional das Illas Atlánticas conta con este recoñecemento outorgado pola Fundación Starlight, entidade de ámbito internacional que creou este sistema de certificación apoiado pola UNESCO, a Organización Mundial do Turismo e a Unión Astronómica Internacional, mediante o que se acreditan aqueles espazos que posúen unha excelente calidade do ceo e representan un exemplo de protección e conservación. E o Parque Nacional das Illas Atlánticas é unha delas.

 

[Img #36123]

 

Cortegada e Sálvora, na Ría de Arousa; Ons, fronte a ría de Pontevedra e Cíes, pechando a ría de Vigo son quen de incorporar a observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico e fomentan, á vez, o turismo de observación das estrelas, porque contan con espectaculares noites que permiten unha contemplación inmellorable do ceo estrelado galego. Por iso, como destino Starlight, o Parque acolle actividades nos seus Centros de Interpretación relacionadas coa observación e protección do ceo nocturno, con dúas estacións que miden o seu brillo, ademais de accións sobre o terreo nas illas.

 

 

[Img #36121]Ademais, dúas das súas illas son especialmente destacadas pola súa riqueza para o turismo ornitolóxico, como é o caso das Illas Cíes e a de Ons, que contan con observatorios de aves e tamén existen roteiros específicos nestas illas para divisar diferentes tipos de aves marítimas. Alí hai numerosas colonias, principalmente de gaivota de pata amarela e cormorán moñudo. E, no mar, tamén hai posibilidade de avistamento de cetáceos como o roncual común, durante o verán e, todo o ano, son importantes as comunidades de algas pardas.

 

 

[Img #36125]

 

 

 

O resto de illas do arquipélago atesouran tamén un importante valor patrimonial. Sálvora, no extremo occidental da ría de Arousa, mantén vixente o seu pasado coa existencia de edificacións de uso relixioso faros e fortalezas ou industriais. De feito, a fábrica de salazón converteuse en pazo con dúas torres e alí tamén atopamos unha fermosa aldea de con hórreos e capela.  E Cortegada destaca polo seu gran tesouro vexetal que representa o bosque de laureles con exemplares de ata doce metros de altura.

 

 

[Img #36119]

 

Para gozar de todo isto hai que ter en conta que só se pode acceder ao Parque por medio de servizos de transporte marítimo de pasaxeiros ou mediante embarcación privada. A información sobre época de servizo, horarios e reservas a información está dispoñible nas oficinas de turismo da Xunta de Galicia e dos concellos limítrofes. Unha oportunidade única de coñecer un Parque Nacional único no mundo.

 

 

A bordo dos minicruceiros


Galicia pódese percorrer a pe, en bicicleta, en tren, en coche, a cabalo e tamén en barco. Os minicruceiros costeiros polas rías de Galicia, que botaron a andar o pasado verán, esténdense ata o mes de novembro, podendo recalar en algunha das illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.  Turismo de Galicia, Portos de Galicia e a Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) unen esforzos para organizar esta experiencia turística marítima a bordo dun ferri-catamarán ou dun veleiro en diversas travesías. Para o mes de novembro, algunhas das rutas inclúen parada e percorrido pola Illa de Sálvora ou polas Illas Ons. Máis info en www.turismo.gal.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados