Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 26 de octubre de 2017
PROVINCIA

O Goberno de Carmela Silva achega máis de 81.000 euros a Gondomar

Guardar en Mis Noticias.

A institución provincial leva entregado o 77,23 % do total destinado a Gondomar dentro do plan, é dicir, máis de 726.000 euros.

[Img #36129]

 

A Deputación de Pontevedra aprobou por Resolución presidencial novas achegas ao Concello de Gondomar, no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 81.414,77 € para actuacións de eficiencia enerxética e xestión intelixente en bombeos de augas residuais do concello e para a merca dunha miniexcavadora.

 

Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Gondomar outros 360.680,58 € na liña 1 para a merca dunha rozadoira de brazo lateral e un vehículo para a concellería de Vías e Obras e o Departamento de Benestar Social, para a construción da pasarela peonil na contorna do mercado de abastos, actuacións de seguridade viaria e reparación de camiños así como actuacións nas vías de Igrexa e San Martiño en Borreiros. Á marxe da liña 1, a Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar a Gondomar outros 73.409,57 €, na liña 2, para actuacións como a aula de teatro, Gondoverán, carreiras, obradoiros, a II Gala do Deporte, o vídeo de promoción turístico do concello, o 400 aniversario do Conde de Gondomar, o programa de cinema, festas e cursos formativos. Ademais, a institución provincial tamén aprobou achegar 211.000,67 euros para a contratación de 21 persoas para garantir a correcta prestación dos servizos municipais no concello.

 

Coa suma desta nova achega, Gondomar xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 77,23 % do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 726.505,59 € dun total de 940.746,04 €.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados