Jueves, 2 de agosto de 2012
deportes

David Cal consciente de que está “ante unha cita coa historia”

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

[Img #4513]<Sabemos dende fai catro anos que estamos ante unha cita coa Historia>, aseguraron David Cal e o seu entrenador, Suso Morlán, na rolda de prensa que, xunto ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, ofreceron hoxe na Deputación.


Morlán indicou que Cal tén o ocasión non só de ser o deportista español con máis medallas olímpicas senón de ser o primeiro canoísta da historia en acadar cinco medallas.


Louzán deu a benvida ao mellor deportista galego de todolos tempos, o español con máis medallas olímpicas, que agora tén a ocasión de entrar na Lenda. Destacou del que <é un excepcional deportista e unha gran persona> e dixo que <sentirá o apoio e o alento de todolos cangueses, pontevedreses e galegos>.


David Cal asegurou que <ten moi boas sensacións e bós tempos> polo que se mostrou confiado en poder obter algunha medalla despois dunha <vida monacal> perante dous meses en Cervo (Lugo) entrenando no Embalse de San Cibrao.


Á entrada do Pazo Provincial, o deportista cangués foi protagonista dunha curiosa anécdota. Un grupo de turistas andaluces, que non o recoñeceu, cando o viu coa camiseta olímpica española, díxolle: <debes ser el único español que se compró una camiseta del equipo olímpico, por lo menos suponemos que te la hayan regalado....>.


Pola súa banda, o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, destacou o orgullo, apoio e admiración que Cal supón para todo Cangas do Morrazo. Anunciou que, si consigue medalla, presidirá a procesión do Cristo <que, como él, é símbolo de resistencia pois, cando a invasión turca de 1617, resisteu e non quixo arder...>.


Sotelo explicou que dende hoxe no Concello de Cangas colgará unha gran pancarta,dixo que <xa está preparado o autobus, tanto si consigue medalla como si non> pois Cal <é un orgullo para todos nós>.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados