Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 24 de octubre de 2017
PROVINCIA

A Deputación investirá 443.966,87 euros para dezaseis parques forestais

Guardar en Mis Noticias.

A Deputación de Pontevedra aprobou o pasado día 20 na Xunta de Goberno axudas por un total de 443.966,87 euros para redactar proxectos de parques forestais e realizar actuacións de mellora e recuperación nos montes da provincia potenciando os seus valores paisaxísticos, ambientais, culturais e patrimoniais, así como a súa multifuncionalidade. O importe das subvencións repartirase entre dez Concellos (Arbo, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Fornelos de Montes, Mondariz, As Neves, Oia, Ponteareas e Vilaboa), que presentaron propostas para crear dezaseis parques forestais, cada un deles de máis de 50 hectáreas de monte.


O vicepresidente Mosquera, impulsor das axudas, destacou que a implicación da institución provincial para corrixir o desleixo do monte en Galicia, que define como "o problema ambiental máis importante de Galicia", é "sumamente oportuna e necesaria" a día de hoxe. Destacou que o monte sempre foi o grande esquecido polas administracións á hora de poñer en marcha iniciativas polo que, aínda que a Deputación de Pontevedra non ten competencias para a ordenación e mellora, decidiuse contribuír "cun esforzo económico, unha liña de subvencións novidosa que leva en trámite dende principios deste ano e que hoxe dá os seus froitos", coincidindo apenas uns días despois da vaga de lumes que sufriu o país.


Mosquera lembrou que o plan de axudas para parques forestais se dividiu en dúas liñas. A primeira para a redacción de proxectos e unha segunda para a execución de obras e actuacións de proxectos xa elaborados. No caso da primeira liña presentáronse dezaseis solicitudes e atendéronse todas elas concedendo o máximo de subvención posible, o 80 %, o que supón unha subvención de 129.874 euros.

 

Medidas de prevención de incendios
Un dos requisitos das bases da liña de subvencións e que, por tanto, está incluído en todas as propostas aceptadas para os parques, é que contan cun apartado específico de medidas encamiñadas á protección contra os incendios forestais. En xeral, os parques deben estar concibidos como zonas resistentes fronte aos incendios, propoñendo a eliminación de especies como o eucalipto, a acacia ou a mimosa, e potenciando frondosas de folla caduca existentes, reducindo densidades mediante clareos, creando devasas e devasas perimetrais, así como, onde sexa posible, instalando puntos de abastecemento de auga para a extinción de incendios forestais.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados