Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 27 de octubre de 2017
MOTOR

Toyota mostra as posibilidades dos vehículos de pila de combustible con dous novos prototipos

Guardar en Mis Noticias.

[Img #36142]

 

Toyota Motor Corporation (TMC) presentará no Salón do Automóbil de Tokio 2017 dous innovadores e rechamantes prototipos propulsados por pila de combustible de hidróxeno, un familiar de alta gama (Toyota Fine-Comfort Ride) e un autobús (Toyota Sora). Ambos os concepts auguran unha sociedade baixa en carbono, co uso avanzado do hidróxeno e as enerxías renovables.


Toyota Fine-Comfort Ride
Propón un novo formato de familiar de alta gama, aplicando unha estrutura flexible propia dos vehículos eléctricos e dispoñendo dunha gran cantidade de enerxía eléctrica xerada a partir do hidróxeno. Con este prototipo, Toyota segue explorando as posibilidades dos vehículos de pila de combustible -Fuel Cell Vehicles (FCV), cuxo comportamento ambiental é excelente ao non emitir CO2 nin ningunha outra substancia nociva -Substance of Concern (SoC)- durante o seu funcionamento, xunto coa comodidade dunha xenerosa autonomía e un tempo de reposición de hidróxeno duns tres minutos.

 

Toyota Sora
Este prototipo de autobús de pila de combustible anuncia un futuro modelo de produción cuxas vendas se iniciarán en 2018 e, segundo as previsións, máis de 100 unidades prestarán servizo, principalmente na área metropolitana de Tokio, antes dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokio 2020.
Toyota desenvolveu este prototipo de autobús de hidróxeno a partir da visión “unha icona urbana perdurable” guiado por dúas ideas: sacar o máximo partido das características das pilas de combustible e mellorar o confort dos pasaxeiros que se desprazan en autobuses urbanos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados