Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 28 de octubre de 2017
Vigo rexistrou maís de 87.000 pernoitas

O turismo en Vigo acada en setembro niveis históricos de ocupación con 47.000 viaxeiros aloxados

Guardar en Mis Noticias.

A cidade de cabeceira da área territorial anota catro anos de subas nos primeiros nove meses cun acumulado no 2017 de preto de 330.000 viaxeiros.

[Img #36224]

 

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentou esta semana en Vigo os datos de balance de ocupación hoteleira correspondentes a setembro e ao acumulado de todo o ano. Uns datos que reflicten que a cidade de cabeceira da área territorial está a acadar niveis históricos neste ámbito.

 

Así se desprende da enquisa feita pública polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que recolle o bo comportamento da demanda turística hoteleira na cidade de Vigo. A urbe viguesa pechou o noveno mes con 47.000 viaxeiros aloxados e máis de 87.000 pernoitas, cunhas subas do 16,5 e 8,4% respectivamente.

 

O dinamismo turístico apréciase tanto no mercado nacional, que representa o 66% do total da demanda en setembro, coma no internacional, con incrementos do 2,9 e 21%. Ademais os niveis de ocupación melloran considerablemente. No caso concreto de Vigo soben 1,4 puntos porcentuais ata situarse no 60,85% de media no mes.

 

A cota de mercado internacional se dispara un 35,8% respecto ao mesmo período do 2016, fronte ao 7,3 que medran os turistas nacionais aloxados en Vigo, dato no que fixo especial fincapé o delegado territorial.

 

 

 

 

No que respecta ao xeodestino ría de Vigo e Baixo Miño, os establecementos hoteleiros rexistran un incremento de aloxados de xaneiro a setembro do 9,6%

 

 

 

 

López-Chaves salientou que a cidade viguesa anota catro anos consecutivos de incrementos nos primeiros meses do ano “con subas moderadas en 2014 e 2015 e máis acusadas no 2016 (20%) e 2017 (13%)”. Neste senso, destacou que no acumulado de xaneiro a setembro a cifra final supera as 645.000 pernoitas. No caso dos viaxeiros aloxados, a cifra ascende a preto de 330.000, con subas do 8,4% no caso do turismo nacional e do 27,5 no do internacional.

 

En canto ao xeodestino ría de Vigo e Baixo Miño, os establecementos hoteleiros rexistran un incremento de aloxados de xaneiro a setembro do 9,6% na comparativa co 2016, ata acadar os 508.355 viaxeiros. Atendendo as pernoitas, segundo recolle a Enquisa de Ocupación Hoteleira do INE, se sitúan no 1.028.808, cunha variación do 11,3%. Obsérvase un incremento tanto no mercado nacional coma internacional.

 

No que respecta ao mes de setembro, o xeodestino incrementa un 6,2 % a cifra de viaxeiros nacionais e internacionais aloxados, ata acadar os 71.501, e un 7,7 as pernoitas, que se sitúan nas 143.731. Este aumento da demanda reflicte directamente nos datos de ocupación, cunha suba de 2,6 puntos porcentuais ata situarse nun 53%.   

 

Os datos constatan o cumprimento dos obxectivos da Xunta, acentuou López-Chaves, ao tempo que subliñou que as políticas do Goberno galego en materia de turismo “están dando os seus froitos”, cunha aposta clara a prol dun modelo baseado na calidade e a sustentabilidade. O delegado territorial fixo así referencia á Estratexia do turismo de Galicia 2020, deseñada conxuntamente co sector, e que está precisamente a afondar nesta dirección, ao tempo no que contribúe a especializar e diversificar a oferta e, ao mesmo tempo, permite desestacionalizar a demanda turística ao longo de todo o ano.

 

Cómpre lembrar que a vindeira semana faranse públicos os datos da Enquisa de Ocupación Extrahoteleira do INE, que inclúe o resto de modalidades de aloxamento regrado.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados