Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Fonte Concello de Vigo / Xornal21.es
Viernes, 27 de octubre de 2017
ALERTA POR SECA

Vigo activa o plan de emerxencia pola seca: so queda auga para tres meses

Guardar en Mis Noticias.

O alcalde informou este xoves da activación deste plan -aprobado polo goberno de Vigo en outubro de 2011- que inclúe a supresión de regos, baldeos e fontes, entre outras. Caballero apuntou que o subministro está garantido 104 días mais é preciso un aforro de auga "de verdade", polo que solicitará a adopción das mesmas medidas nos municipios que reciben auga dos encoros vigueses.


O volume de auga do encoro de Eiras neste momento ascende ao 48,27%, polo 44,37% do de Zamáns, cifras que garanten o subministro durante 104 días, segundo informou Abel Caballero.

En base a estes niveis, o Concello de Vigo decidiu activar o plan de emerxencia para situacións de seca, aprobado polo goberno local en outubro do ano 2011. Caballero avanzou que a cidade entra nun estado de aforro de auga "de verdade", con medidas que xa están en marcha, como a información e concienciación pública do uso responsable da auga, a procura de fugas, a supresión de regos, baldeos, fontes, bebedeiros en continuo e purgas da rede, e a recomendación de reducir o enchido das piscinas.

O alcalde vigués, quen enfatizou a recomendación á cidadanía de consumo responsable de auga, anunciou o envío de sendas cartas aos rexedores e rexedoras dos municipios da área metropolitana que reciben auga dos encoros vigueses -Redondela, Cangas, Moaña, Soutomaior, Porriño, Gondomar, Nigrán, Baiona e Pazos de Borbés, segundo citou Caballero- instándolles a que apliquen as medidas de aforro de auga que xa operan en Vigo e están recollidas no plan municipal.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados