Viernes, 3 de agosto de 2012
provincia

Preto de 17.000 propiedades non pagaban o IBI na provincia de Pontevedra

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

Con esta actualización, prodúcese un incremento na recadación de IBI-Urbana de 8.466.130,03 euros con respecto ó ano 2012.

Segundo as estimacións da Deputación Provincial de Pontevedra, os 51 concellos que teñen delegada a súa recadación no ORAL van recadar este ano 8.858.320,43 € máis que no 2011 a través do imposto de Bens Inmobles de Características Especiais; do Imposto de Bens Inmobles de Rústica; e o Imposto de Bens de Urbana.


Os ingresos globais dos 51 concellos pasan, deste xeito, de 45.229.535,59 € en 2011 a 54.087.856,02 € en 2012. Así o anunciou hoxe o presidente da Deputación, Rafael Louzán, ó remate da Xunta de Goberno celebrada hoxe no Pazo Provincial.


Recadación de IBI Urbana

O ORAL da Deputación levou a cabo unha inspección para detectar as vivendas ou propiedades que non estaban incluídas no Catastro e que polo tanto non pagaban o Imposto de Bens Inmobles de Urbana. Este traballo concluíu cun aumento de 16.975 unidades (vivendas, baixos, pisos, naves, galpóns….) que pasarán a contribuír o presente ano 2012. Compre salientar, non obstante, que algunhas das propiedades que, por exemplo, son de nova construción foron dadas de alta polo propio contribuínte, aínda que estes casos foron minoritarios.


Con esta actualización, prodúcese un incremento na recadación de IBI-Urbana de 8.466.130,03 euros con respecto ó ano 2012. Segundo informou o titular da institución provincial, Rafael Louzán, “en total eran 37 os concellos da provincia que levaban máis dunha década sen facer esta actualización das súas ponencias”.


Louzán comentou algúns dos casos máis salientables como, por exemplo, os de municipios como Baiona que para o ano 2012 ten unha previsión de ingreso de 2,5 millóns de euros o que supón 263.340 euros máis que no 2011. Este concello pasou de ter rexistradas 10.707 unidades a 11.099 que pasan a contribuír.


No caso de Barro, o Concello ten unha previsión de ingreso para 2012 de 228.822,55 €, 80.607 máis que o ano pasado. Neste caso o municipio pasou de ter de alta 1.645 a 1.800 propiedades ou unidades catastrais.


Outro exemplo que aportou Rafael Louzán, foi o de Caldas de Reis que en 2012 ten unha previsión de ingreso por IBI urbana de 1.316.581 euros o que supón 226.024 euros máis que o ano pasado. Neste caso pasouse de 6.602 a 6.799 unidades.


Un caso destacable é o de Cangas que ten unha previsión de cobro en concepto de urbana de 2.162.492 euros, 477.912 euros máis que en 2012. Trala revisión realizada polo Oral este municipio pasou de ter 18.016 a 18.529 unidades.


Unha cantidade superior, ingresará o municipio de Porriño, concretamente este municipio prevé ingresar por Urbana 1.849.139 euros este ano, o que supón 526.596 máis que en 2011. As unidades aumentaron de 10.681 a 11.754 trala revisión realizada polo ORAL.


En Sanxenxo a recadación prevista en 2012 ascenderá a 5.586.860 euros o que suporía 549.948 euros máis que en 2011. As unidades pasaron de ser 28.823 a 29.666 que están agora dadas de alta. Outros casos que aputou Louzán son os de Cambados e Ribadumia. Cambados teñen unha previsión de cobro en Urbana da orde de 200.000 € máis que en 2012 como consecuencia deste traballo de actualización, inspección e xestión que realiza o ORAL.


Bens Inmobles de Características Especiais e de Rústica

Por outra banda , no relativo ó Imposto Bens Inmobles de características Especiais, os 51 concellos que teñen delegadas as competencias no ORAL teñen unha previsión de recadar por este concepto 314.371,82 euros máis que o pasado ano. (2.527.807,47 € no 2011 e 2.842.179,29 € no 2012)


Finalmente, compre destacar que no caso do Imposto de Bens  Inmobles de Rústica estes concellos recadarán 77.818,58 euros máis que en 2011. (834.908,84 € en 2011 e 912.727,42 € en 2012).


Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados