Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 29 de octubre de 2017
PROVINCIA

A Xunta e a Fundación Celta de Vigo poñen en marcha unha iniciativa en prol da inclusión social

Guardar en Mis Noticias.

As destinatarias principais son as usuarias do Centro de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero de Vigo e os seus fillos e fillas, que poderán asistir de xeito gratuíto ao longo desta tempada aos partidos de liga do Real Club Celta de Vigo.

[Img #36275]

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou este pasado venres co presidente da Fundación Celta de Vigo, Carlos Mouriño, un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de ocio, tempo de lecer, cultura e deporte do centro de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero da cidade. No acto, estivo acompañado polo xerente do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar, Perfecto Muíños, e polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

 

O obxectivo do mesmo é permitir que as usuarias e os seus fillos e fillas desfruten dun valioso e necesario tempo de lecer afastados das diferentes situacións que están a atravesar. Para elo, a Fundación porá á disposición da administración autonómica cinco invitacións para todos e cada un dos partidos de Liga que o Celta xogue no estadio de Balaídos, tíquets que irán destinados ás mulleres do CEMVI de Vigo para que acudan cos seus nenos e nenas. O conselleiro de Política Social destacou que se trata dunha iniciativa pioneira coa que “queremos que se evadan alomenos durante 90 minutos das súas preocupacións e que desfruten co deporte”.

 

En virtude do acordo asinado, a Fundación Celta de Vigo tamén promocionará a través das súas redes sociais información ou campañas que axuden á concienciación social contra a violencia de xénero e a prol da inclusión social entre os seus afeccionados. Así mesmo, co obxectivo de promover a igualdade e a concienciación sobre esta problemática, a Xunta impartirá unha charla anual nas instalacións da Madroa entre os integrantes da canteira do Real Club Celta de Vigo.

 

 

 

 

Así mesmo, a administración autonómica impartirá charlas anuais nas instalacións da Madroa entre os integrantes da canteira do clube co obxectivo de promover a igualdade e a concienciación sobre esta problemática

 

 

 

 

O titular do departamento autonómico saudou o nacemento deste convenio que redundará nun dos colectivos que máis o precisa. “A violencia de xénero é a manifestación máis extrema da desigualdade entre os xéneros e precisa dunha intervención firme e contundente por parte dos poderes públicos, así como da concienciación da sociedade para erradicala”, asegurou Rey Varela. “O obxectivo da Xunta non é outro que mellorar a calidade de vida e o benestar de todas as galegas e galegos e somos plenamente conscientes de que os episodios que viviron estas mulleres comprometen non só o seu benestar, senón tamén o dos seus pequenos e pequenas, e por elo poñemos en marcha este acordo que esperamos lles sirva para volver a sorrir”, engadiu o conselleiro.

 

Rey Varela agradeceu á Fundación Celta de Vigo a súa implicación con esta iniciativa que desde agora bota a andar e que se manterá durante toda esta tempada 2017-2018.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados