Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 30 de octubre de 2017
A GUARDA

Apróbase a contratación da consolidación e restauración do castro de Santa Trega

Guardar en Mis Noticias.

Trátase dun dos sectores máis coñecidos do castro do concello da Guarda, no lado da desembocadura do río Miño, e que xa foi recentemente escavado no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos da provincia de Pontevedra. Con este contrato poderanse realizar obras que permitirán consolidar todos os achados de estruturas e pezas neste castro e garantir que este proxecto se poida seguir completando dentro dos prazos previstos.

[Img #36305]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación da contratación, por procedemento aberto, do Servizo de consolidación e restauración do xacemento arqueolóxico de Santa Trega, no barrio Mergelina, na Guarda.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou "a importancia do que aconteceu durante as escavacións en Santa Trega, que se realizaron nunha área de 2.000 m2". Santa Trega está "considerada como a primeira cidade", a maior aglomeración de persoas en toda a provincia, antes que en Lugo, Braga ou Astorga na época romana. "Ata antes destes traballos pensábase que o castro estivera ocupado entre o século I a. C. ata o I d. C., pero as probas de Carbono 14 realizadas agora veñen a confirmar que a ocupación se iniciou antes do século IV a. C., incluso vestixios indican que puido ter lugar no século VIII a. C.", sinalou a presidenta.

 

Así, atendendo aos diferentes criterios establecidos para a avaliación das propostas presentadas, finalmente foi UTE Consalpa–Terra Arqueos a adxudicataria do contrato de consolidación. O contrato terá un valor de 367.719,00 euros e a duración será de nove meses.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados