Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 30 de octubre de 2017
PONTEAREAS

O Club Ciclista Ponteareas denuncia falta de apoio do Concello de Ponteareas

Guardar en Mis Noticias.

O conxunto do Club Ciclista Ponteareas ven de denunciar públicamente a falta de apoio por parte do Concello de Ponteareas, cunha aportación irrisoria de 1300 euros para todo o ano.

[Img #36327]

 

A actual Directiva e Nais e Pais do Clube sinalan nun comunicado que "fai un ano tomaron as riendas da dirección do equipo", e dende un primer momento observaron que "os números non cadraban", polo que se puxeron a traballar, buscando novos patrocinadores xa que os anteriores marcharan, actualizando as cuotas que pagan os país dos nenos e organizando durante todo o ano distintas maneiras de poder recaudar cartos para que o Club siga levando o nome de Ponteareas.

 

Fai un ano observaron que "o apoio por parte de Concello de Ponteareas para o Club Ciclista era irrisorio comparado con outros Clubes de Galicia, por por un exemplo outros clubes ciclistas perciben dos seus respectivos concellos ata unha media de 10 veces do que percibe o de Ponteareas, inclusive en Ponteareas un Clube Ciclista de xente maior, perciben maior cantidade ca este Club" polo que aseguran non entender "como non se axuda mais ao deporte base que son os que non se poden costear os gastos. Asimesmo outros deportes en Ponteareas chegan a cobrar ata tres veces mais ca este Club". Dende o Clube Ciclista Ponteareas, entenden que "o Ciclismo en Ponteareas debería ser o deporte no que este Concello debería implicarse mais, debido a sua traxectoria deportiva e ao arraigo de Ponteareas co Ciclismo".

 

Entenden tamén que "Ponteareas é coñecido por toda España, por tres cousas, como son o Corpus, as rosquillas e o Ciclismo, e non se está a facer nada por apoialo".

 

Explican que "fai un ano que comezaron e observaron a falta de apoios das Institucións, xa que ata o ano 2013 este Clube cobraba unha subvención da Deputación de 12000 e o Concello asumia o custo do soldo do Director Deportivo, sendo na actualidade unha subvención da Deputación de 950 Euros e do Concello 1300, cantidades que fan que a situación do Clube, que este ano que ven 2018 fai 40 anos dende a sua fundación, sexa insostenible.

 

Debido a todo isto dende o clube plantexaron ao Concello "a asinación dun convenio de colaboración, como teñen moitos Clubes Ciclistas galegos, para poder continuar a labor do Clube Ciclista Ponteareas, convenio que foi rexeitado polo actual goberno, asimismo tamén presentaron varias propostas as actuales bases de subvencións do Concello, non sendo escuitadas ningunha delas, nin sequera foron convocados a reunión que tiveron co resto de entidades deportivas para debatir as bases".

 

"Entristece moito a todo o Clube Ciclista Ponteareas, ter que chegar a estes extremos de ter que denunciar públicamente a falta de apoios públicos, pero non lles queda outro remedio, xa que levan un ano traballando arreo en todolos ámbitos posibles, para volver a por ao clube Ciclista Ponteareas coma unha escola da que estar orgullosos e da que se siga falando en toda a península, e observan que despois de todo o traballo realizado durante todo un ano, as Institucións públicas non saiban valoralo boten por terra todo o traballo realizado polos país dos nenos e nenas" explican.

 

Tamén desexan deixar claro que no Club" non hai afíns a partidos políticos, senon que son país que solo velan polo mellor para o Clube Ciclista Ponteareas, proba dixo é que levan un ano sendo dialogantes e intentando que o Concello colabore co Club".

 

O Concello apenas achega un 2,5 % do presuposto dun clube  do que sairon 3 campións de España

 

Para deixar mais claro a escasa colaboración do Concello de Ponteareas co Clube Ciclista, a aportación do mesmo ao presuposto anual do Clube explican que "supón un 2,5 % soamente, sendo irrisorio para un Concello coma Ponteareas, no que sairon 3 Campións de España, no que pasaron grandes ciclistas profesionais, no se que nos coñece como a cuna do Ciclismo, e no que este ano 2018 fai o 40 aniversario da sua creación, é triste que en vez de ser unha celebración, sexa o seu velatorio".

 

Dende o Clube Ciclista Ponteareas comezan unha campaña de captación de socios para entre todos poder continuar a labor de ensinar un deporte de valores e constancia aos mais pequenos, en un Club no que grandes do ciclismo galego sairon a palestra, iso sí, seguirán traballando polos nenos e nenas do Club e crendo que as Institucións Públicas deben implicarse mais, polo que traballarán por facer ver o Concello de Ponteareas que deben apoiar o ciclismo pontareán, xa que actualmente non o fan.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados