Lunes, 6 de agosto de 2012
galicia

Feijóo anuncia a decisión da Xunta de declarar “Ben de Interese Cultural” o pazo de Fefiñáns

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

O presidente do Goberno galego asistiu onte aos actos de celebración da LX Festa do Viño Albariño

O presidente do Executivo autonómico galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte, durante os actos de celebración da LX Festa do Viño Albariño a decisión do Goberno da Xunta de declarar Ben de Interese Cultural o Pazo de Fefiñáns. “Vamos a coidar en consecuencia este entorno, esta arquitectura, esta paisaxe e estes edificios que forman parte da historia de Galicia, vamos a coidalos e vamos a protexelos”.


Durante a súa intervención, o responsable do Goberno galego referiuse ao exemplo das mulleres e dos homes da Denominación de Orixe das Rías Baixas para superar estes tempos de incerteza: “o referente teñen que ser os 7.000 viticultores, os máis de 130 adegueiros que representan a moita máis xente que se dedica ao viño en Galicia e que se dedica ao viño non só como unha forma de manter poboación no ámbito rural, senón tamén, como unha forma de vida, de ser e orientar a vida e unha forma, por suposto, de mellorar o benestar a través do emprego e da economía. Estes 7.000 viticultores non saben como vai ser a colleita do ano 13, aínda non saben como será definitivamente a colleita deste ano 12 e, sen embargo, nunca deixan de facer a súa labor. Son un bo exemplo para orientarse nos mundos actuais, un exemplo para saber que nada se regala, que nada é fácil e que nada se consegue sen traballo”.


O presidente do Goberno galego felicitou deste xeito as persoas que se dedican “a este nobre oficio de cultivar, coidar e recoller segundo a colleita de cada ano” e reiterou o compromiso absoluto da Xunta co sector vitivinícola galego e coa súa internacionalización.


Así mesmo, Feijóo concluíu referíndose ao Gran Mestre Manuel Fraga Iribarne como outro dos referentes para superar estes momentos de dificultade: “a súa vida –dixo- foi unha constante loita pola superación, pola creación e polos intereses xerais. Sen dúbida é un exemplo de persoa, de conduta e un referente para orientar a aquelas persoas que durante un espazo da nosa vida nos adicamos á política, aos intereses xerais, a ter a honra de representar a un pobo por mandato das urnas”.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados