Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 3 de noviembre de 2017
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra inaugura a primeira edición do coworking de Barro

Guardar en Mis Noticias.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola institución provincial e a Escola de Organización Industrial (EOI) que permite que persoas emprendedoras poidan desenvolver os seus proxectos empresariais en espazos cedidos gratuitamente.

[Img #36409]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández, o deputado de Cooperación, David Regades, e o Director da Área de Desenvolvemento de Pemes da EOI, Javier Benito, inauguraron onte a primeira edición do coworking de Barro e as novas instalacións do Depo FabLab. A través destes espazos, cedidos gratuitamente, a institución provincial –tal e como subliñou Silva- pretende contribuír a promover proxectos emprendedores de éxito que impulsen e fixen a xeración de riqueza na provincia de Pontevedra.

 

Carmela Silva destacou que Pontevedra “merecía ter un espazo no que acoller as grandes ideas dos homes e mulleres da provincia e este coworking é un lugar extraordinario que fala do que somos: un territorio cheo de innovación, vangarda, emprendemento, talento e de capacidade para construír futuro”. Polo tanto, tal  e como engadiu Silva, “o espazo que hoxe inauguramos non se trata dun espazo da Deputación, senón dun espazo da cidadanía, dun espazo no que os homes e mulleres da provincia poden levar a cabo as súas ideas”.

 

A presidenta provincial recordou que “tras dez anos de crise económica, a sociedade precisa que o emprendemento forme parte dos proxectos que desenvolvan as administracións”. Por este motivo, a institución provincial conxuntamente coa EOI puxo en marcha o espazo coworking no Polígono de Barro que ten como obxectivos principais “impulsar as grandes ideas para que este talento que teñen os homes e mulleres da provincia non se perda e se converta nun proxecto empresarial de éxito que, á súa vez, permita crear emprego de calidade”.

 

En total, tal e como informou Silva, a Deputación de Pontevedra e a EOI están a investir 800.000 euros no proxecto de coworking que conta con catro edicións. Na primeira, que comeza hoxe e se estenderá durante 5 meses, vanse desenvolver 20 proxectos empresariais en espazos gratuítos, con conexión wifi, sala de formación e reunións, que irán acompañados do servizo de asesoramento e titorización (tamén gratuítos) para aumentar a probabilidade de éxito dos mesmos.  Ademais, unha vez rematada a formación e o asesoramento, as persoas participantes no coworking poderán solicitar praza no viveiro de Barro para poder continuar a súa actividade.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra quixo citar a cada uno dos proxectos e persoas que participan na primeira edición do coworking: José Manuel Álvarez Sanmartín (Xulico), Raquel Barrero Hernández (despacho de coaching),  Emilio Castro Otero (educación científica ao aire libre), Margarita Chan Padín e Ana Gordillo Durán (Adianta Formación), Joel Alexander Colmenares Herrera (proxecto deportivo), Elia Costas Soutollo (El asegurado enterado), Silvia García María (axencia de comunicación), Luis González de la Ballina González (Winbox ou Wewanna), María Esther González Martín (asesoría en internet), Amaya González Reyes (creación de arte contemporánea), Milena Krasimirova Mancheva (vivenda na costa para uso turístico), Rubén Lázaro Silva (VdeVideo), Juan Martínez-Almeida González (Evilicia BIM), Alba Diana Pazó Vila (Espacio M-mujeres emple teatro), Alejandro Pérez Fábregas (Wakau Atlantic Coast), Javier Peribáñez Gómez (ISOP), Nelson Quinteiro Roa (10MilHomes), Alberto Ribas Álvarez (community manager), María Carla Salazar Quiros (Biopranaworld) e Rafael Tenorio Aranguren (SPA-CC virtual spaces). Carmela Silva destacou que se tratan de “proxectos extraordinarios que agardo que se convertan pronto en grandes empresas que poida xerar empregos e referenciarnos economicamente”.

 

Pola súa banda, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández, amosou a súa satisfacción por acoller “este proxecto que permite facer realidade os proxectos e ideas das persoas e contribuír así, coas súas iniciativas, ao impulso económico da sociedade”. Fernández agradeceu o esforzo da Deputación de Pontevedra por configurar un espazo atractivo para o asentamento de empresas no seu concello e desexoulle ás novas e novos emprendedores que participan no coworking “moita sorte e éxitos”.

 

O deputado de Cooperación David Regades manifestou a súa satisfacción por “un traballo conxunto entre a Deputación, a EOI e o concello de Barro, para deseñar esta peza clave, este niño de empresas e emprendemento, dentro do Polígono de Barro”.  Regades tamén amosou o seu desexo de que “este centro de emprendemento sexa o primeiro doutros moitos que haberá que impulsar na provincia de Pontevedra”.

 

Tamén tivo palabras o Director da Área de Desenvolvemento de pemes da EOI, Javier Benito, que subliñou que “a Escola, cos Fondos Sociais Europeos, está a impulsar estas iniciativas de coworking por toda España e o da provincia de Pontevedra é un dos máis numerosos e novos que temos”.

 

A Deputación de Pontevedra, xunto co espazo destinado a coworking, creou tamén no Polígono de Barro un Depo FabLab ou Laboratorio de Fabricación Dixital pensado para a mellora e modernización do tecido empresarial da provincia.  No Depo FabLab as persoas emprendedoras, mediante os máis modernos equipos de fabricación dixital e circuítos integrados, poderán construír e materializar as súas ideas e prototipos. Amais, o polígono de Barro conta tamén con outros espazos de atención ao emprendemento como o viveiro de empresas que conta con 24 oficinas, das cales 16 están ocupadas, e 16 naves.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados