Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Viernes, 3 de noviembre de 2017
Mos

A Deputación comeza a mellora de 1.000 metros de firme na estrada EP-2601 entre Mos e Puxeiros

Guardar en Mis Noticias.

Este tipo de melloras e correccións dos asfaltados das estradas provinciais realizarase a partir de 2018 a través dun novo contrato marco, que permitirá axilizar as adxudicacións dos traballos de mantemento sen ter que pasar por un longo procedemento administrativo unha vez que se detectan as deficiencias (pavimentos escorregadizos, fendas, afundimentos ou peraltes defectuosos, entre outras).

[Img #36422]

 

A Deputación de Pontevedra iniciou esta semana a mellora da capa de rodaxe dun treito dun quilómetro na estrada provincial EP-2601 entre Mos e Puxeiros, no Concello de Mos. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez os traballos aumentarán a adherencia da vía grazas á extensión dunha nova capa de firme cun tratamento antiescorregadizo específico, acadando unha maior seguranza viaria para as persoas usuarias.

 

A actuación na estrada entre Mos e Puxeiros vén dada despois de que o persoal técnico provincial considerase necesario realizar unha mellora da vía nun treito de 1.000 metros, entre os puntos quilométricos 2+000 e 3+000, debido aos problemas que presentaba o firme. O orzamento para facer estes traballos, que se contrataron de xeito conxunto con outras actuacións na provincia é de 53.259,94 euros. Unha vez estendidas todas as capas de aglomerado antiescorregadizo, repoñeranse as marcas viarias tan pronto como a climatoloxía o permita.

 

Ese acordo marco para executar rehabilitacións de firmes nas estradas provinciais está en fase de licitación e ten un orzamento xeral de 4,4 millóns de euros para toda a provincia, dos que 802.313,15 euros corresponderán ao lote que englobará obras nos concellos de Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados