Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 6 de noviembre de 2017
NIGRÁN

Nigrán insta á Xunta a que estudie o risco de desprendementos no monte do Castro

Guardar en Mis Noticias.

O rexedor trasladoulle a inquedanza a semana pasada ao delegado da Xunta e técnicos de Patrimonio.

[Img #36426]

 

O Concello de Nigrán insta á Xunta de Galicia para que os seus técnicos estudien urxentemente se existe risco real de desprendemento de pedras no cumio do monte do Castro e, no seu caso, tome tódalas medidas preventivas ao respecto. A petición da propia Alcaldía, a Policía Local de Nigrán emitiu a semana pasada un informe no que se alude a un “posible perigo de desprendemento ante unha riada ou choiva’ cos conseguintes danos que podería causar  tanto  nas  edificacións  como nas  vivendas  que  se atopan na  falda do monte, asi  como nos  vehiculos  que  circulan  pola rúa  da  Igrexia e  camiño das Pereiras. Este informe foi remitido xa á Comunidade de Montes, propietaria do terreo e quen tamén deu traslado á Xunta deste tema, e a súa vez o alcalde trasladou verbalmente a inquedanza ao delegado da Xunta e aos técnicos de Patrimonio na súa visita á contorna a semana pasada (estes últimos acudiron ao lugar a petición do propio Concello).

 

Segundo se constata, na ladeira Sur e Oeste existen grandes pedras nunha zona que presenta unha forte pendente e que actualmente non conta con vexetación ou matorral.

 

 

 

 

As últimas cifras revelan que das 232 hectáreas en Chandebrito de monte comunal sobreviviron só 2 e en Camos 20 de 290 hectáreas

 

 

 

 

“O Concello trasladou o asunto a Comunidade de Montes, propietaria do terreo, e a súa vez pide a Xunta que o estudie inmediatamente para determinar se efectivamente existe un perigo real ou non é así. Non queremos alarmar a poboación, pero preferimos pecar de precavidos”, resume o rexedor, Juan González.

 

Segundo as últimas cifras aportadas dende as comunidades de montes, en Chandebrito só sobreviviron aos incendios do día 15 de outubro 2 hectáreas do total de 232 que hai de monte comunal, mentras que na parroquia veciña de Camos sobreviviron 20 dun total de 370 hectáreas comunais. “As cifras dan información clara da magnitude do desastre para Nigrán”, apunta González, quen indica que os técnicos do Concello de Urbanismo e Desenvolvemento local son os encargados de asesorar aos veciños na tramitación das axudas para afectados que ven de aprobar a Xunta de Galicia.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados