Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 9 de noviembre de 2017
NIGRÁN

Nigrán súmase á xornada de limpeza simultánea de praias en toda Galicia 


Guardar en Mis Noticias.

Terá lugar a mañá do sábado 11 de novembro na praia de Panxón. Os interesados en participar como voluntarios-coordinadores deben inscribirse antes do día 6 nunha xornada de formación gratuita o día 9 na Universidad de Vigo.

O Concello de Nigrán súmase por vez primeira o sábado día 11 á séptima xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega en coordinación co Campus do Mar e o Centro de Investigacións Mariñas da universidade de Vigo. Así, a praia de Panxón  formará parte dos vinte areas de toda Galicia no que se intervirá neste día que Nigrán encadra a súa vez nas súas actividades de concienciación medioambiental de 'Nigrán, mar de sabores'.

 

Tódalas persoas que o desexen poderán participar de modo voluntario inscribíndose ata o 10 de novembro no mail comunicacion@nigran.org (aportando nome e teléfono de contacto) ou ben na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9.00 a 14.00 horas (986365000). Para o correcto desenvolvemento da limpeza haberá coordinadores por cada grupo de voluntarios, a duración estimada é de dúas horas e comezará ás 11:00 (punto de encontro no pavillón de Panxón) aportando o Concello o material preciso para a recollida (luvas, bolsas...). Os interesados que desexen incribirse como voluntarios-coordinadores deben solicitalo antes do 6 de novembro no enderezo campusmar@uvigo.es e asistir á xornada de formación gratuita que se desenvolverá o día 9 de 16:00 a 19:30 na Universidade de Vigo.

 

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

 

O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co 'Proxecto Ríos' de Adega que inclúe unha xornada de limpeza no esteiro do Miñor, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados