Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 9 de noviembre de 2017
PROVINCIA

Dous centros educativos Pontevedreses acadan Premios á Formación Permanente do Profesorado

Guardar en Mis Noticias.

O obxectivo dos galardóns é dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan proxectos propios neste sentido.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a relación provisional de centros galardoados cos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017, dirixidos aos centros docentes que participaron neste tipo de plans en centros educativos públicos no curso escolar 2016/17.

 

En concreto, os centros premiados pola provincia da Pontevedra son o IES de Sanxenxo (Sanxenxo) e o Centro de Educación Especial de Panxón (Nigrán).

 

Cada un dos centros galardoados obterá unha asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido para o desenvolvemento do Plan de Formación Permanente do Profesorado. Así mesmo, concédese unha mención especial aos mellores proxectos de formación de entre os premiados (no caso da provincia de Pontevedra, o IES de Sanxenxo), consistente nunha asignación extraordinaria de 1000€.

 

Para a concesión dos premios valorouse o contido innovador e transferibilidade do proxecto, os recursos tecnolóxicos utilizados, o traballo multidisciplinar e en equipo, o grao de implicación da comunidade educativa, os recursos aportados á comunidade e o desenvolvemento das competencias profesionais docentes a través destes proxectos. Así mesmo, tívose en conta a existencia  dun sistema de avaliacións relativo á implantación e desenvolvemento do proxecto e o nivel de logro acadado.

 

O obxectivo desta convocatoria é valorar a participación de grupos de docentes en proxectos de formación en centros que afecten cualitativamente ao ámbito organizativo e de xestión dos centros, á contorna familiar e institucional ou á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos, que promovan novas formas de pensar, novas formas de traballar e novas ferramentas de traballo.

 

Deste xeito, preténdese dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan, a través destes plans, aqueles aspectos que permitan a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados