Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 10 de noviembre de 2017
SALVATERRA DE MIÑO

Quinta do Piñeiro organiza este sábado unha esfollada e un magosto

Guardar en Mis Noticias.

Será na área recreativa do Muíño da Ponte

A Asociación Quinta do Piñeiro, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e da Deputación de Pontevedra, celebrará unha esfollada e un magosto popular este sábado, día 11 de novembro na área recreativa do Muíño da Ponte da Parroquia de Corzáns (Salvaterra de Miño).  Ás 17:00 horas comezarán os obradoiros de xogos tradicionais para os mais pequenos, cuxa temática xirará en torno aos traballos da colleita. Estes obradoiros estarán abertos ao público e correran a cargo do grupo de animación Barafunda. Ás 19:00 horas,  os asistentes terán a oportunidade de degustar de balde, castañas asadas e peros ao viño. Do mesmo xeito, o público tamén poderá adquirir chouripans a prezos populares mentres disfruta dunha noitiña animada por Dj David e o grupo folk punk MILLO.  A organización anima a veciños e foráneos a asistir e a participar nesta amena  xuntanza ao carón do lume.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados