Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 7 de noviembre de 2017
PROVINCIA

Carmela Silva presenta este martes a terceira edición de “Mulleres en acción. Violencia Zero”

Guardar en Mis Noticias.

O programa levará ata 25 concellos da provincia actuacións culturais e artísticas co obxectivo de loitar contra as violencias machistas.

[Img #36471]A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presenta hoxe ás 12.00 horas na hall do Pazo Provincial a nova programación do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” que levará ata 25 concellos da provincia, ao longo dun ano, actuacións artísticas e culturais co obxectivo de loitar contra a lacra social das violencias machistas. Con este mesmo obxectivo, tamén a partir de mañá a primeira hora, instalarase no exterior do Pazo Provincial unha pancarta na que a institución provincial amosa a súa repulsa contra este tipo de violencias.

 

A terceira edición de “Mulleres en acción. Violencia Zero” consistirá na posta en marcha de 25 novas accións centradas en performances, na poesía, na música, no graffiti, na danza contemporánea e na acción escénica. En concreto, os concellos que acollerán a nova programación, a partir do vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, serán Pontevedra, Vigo, Mos, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal.

 

 

 

 

Durante a presentación, na que participarán alcaldes e alcaldesas da provincia, terá lugar a representación da acción artística “Non” de María Marticorena

 

 

 

 

Durante a presentación da nova programación, na que participarán alcaldes e alcaldesas de concellos da provincia que acollerán ao longo do ano algunha das actuacións culturais e artísticas de “Mulleres en acción. Violencia Zero”, terá lugar a representación da acción artística “Non” de María Marticorena, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Esta performance, de grande espectacularidade e na que se implicará ao público asistente, enxalzará o valor e a coraxe feminina e reflexionará sobre o papel que xogamos na sociedade.

 

O programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” naceu no ano 2015 co obxectivo de fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica e reflexiva sobre as violencias machistas. Ao tempo, o programa promove e dálle visibilidade a artistas novas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través dos diálogos cos públicos, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra as violencias machistas. 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados