Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 13 de noviembre de 2017
SALVATERRA DE MIÑO

Novo programa de composteiros en Salvaterra

Guardar en Mis Noticias.

O Concello de Salvaterra de Miño inicia unha terceira campaña de promoción do programa "Fabrica e utiliza o teu compost".  Un programa cofinanciado pola Sociedade Galega do Medio Ambiente SOGAMA e no que colabora o Concello, e que ten o fin de axudar a reducir a produción de lixo.

 

Debido a gran acollida das campañas anteriores o Concello puxo en marcha esta terceira, hai que ter en conta que o esforzo de todos e todas suma, con iniciativas e programas como este o que se busca é por un lado a concienciación cidadá, a participación e sobre todo a implicación, xa que a hora de reciclar todos temos moito que aportar.   Se queres participar no programa so tes que anotarte e cumplir un requisito, ter unha vivenda unifamiliar con horta ou xardín para poder  acceder ao teu composteiro.

 

Ademais dende o Concello recordan tamén que están a espera da execución do proxecto técnico provincial  para a instalación da compostaxe comunitaria no municipio.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados