Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 13 de noviembre de 2017
GALICIA

Os ‘Club de ciencia’ que estimulan o espírito científico do alumnado

Guardar en Mis Noticias.

Son 15 centros da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 2 de Ourense e 9 de Pontevedra, que recibirán unha achega de 1.200 euros para desenvolver o proxecto.

Un total de 30 centros educativos públicos desenvolverán este curso 2017/18 o ‘Club de ciencia’, unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co fin de estimular o espírito científico do alumnado. Esta acción –cuxa resolución provisional se pode consultar no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23584- desenvolverase en 15 centros da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 2 de Ourense e 9 de Pontevedra.

 

Tralo éxito da primeira edición, na que participaron 10 centros educativos, este curso os ‘Club de ciencia’ esténdense a un total de 30 centros, dos cales tamén forman parte aqueles que desenvolveron o proxecto o ano pasado. Cada un deles recibirá unha achega económica de 1.200 euros para poder desenvolver a súa iniciativa.

 

O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.

 

Centros por provincias
En concreto, na provincia da Coruña participarán o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, o IES Agra do Orzán da Coruña, o IES Sofía Casanova de Ferrol, o IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, o IES de Melide, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago, o CPI de Atios de Valdoviño, o IES Ferrol Vello de Ferrol, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso, o IES David Buján de Cambre, o IES María Casares de Oleiros, o CRA de Rianxo e o IES Plurilingüe A Cachada de Boiro.

 

Na provincia de Lugo desenvolverán ‘Club de ciencia’ o CPI de Castroverde, o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo e o CEIP Illa Verde, tamén de Lugo.

 

Pola súa banda, os centros da provincia de Ourense son o IES O Couto de Ourense e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

 

Por último, os centros admitidos da provincia de Pontevedra son o CPI Mosteiro-Meis, o IES Politécnico de Vigo, o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, o CEIP de Laredo de Redondela, o CEP Carlos Casares de Salvaterra de Miño, o IES Salvaterra do Miño, o IES A Xunqueira II de Pontevedra, o IES Primeiro de Marzo de Baiona e o CEE de Panxón en Nigrán.

 

Aprendizaxe mediante indagación e resolución de problemas
O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas. Neste sentido, a creación deste espazo no centro pode converterse nun escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas que aumenten o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.

 

 

 

 

O obxectivo da iniciativa, que se enmarca na Estratexia galega para a educación dixital 2020, é fomentar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o estudantando galego

 

 

 

 

O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes, comezando a partir da concesión definitiva do proxecto, ata final do período lectivo do alumnado durante o curso 2017/18.

 

Edudixital 2020
Cómpre resaltar que esta acción se enmarca na Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, presentada en Consello da Xunta o pasado mes de setembro. O plan nace con dous obxectivos principais. En primeiro lugar, busca lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de xénero nos estudos STEM.

 

Nos últimos anos, a Consellería puxo en marcha accións específicas para promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumando. Deste xeito, desde o curso 2015/16 impulsouse un cambio curricular a través de novas materias de libre configuración como Robótica, Programación ou Identidade dixital (esta última, de nova incorporación este curso).

 

Asociado ás ditas materias, no 2016/17 repartíronse kits de robótica, programación e impresión 3D en todos os centros de secundaria. Tamén se estableceron marcos estables de colaboración con entidades e sociedade civil, e desenvolvéronse outras accións (como os propios Club de ciencia) que teñen como principal obxectivo estimular o espírito científico entre a mocidade.

 

Ademais, este curso 2017/18 a Consellería puxo en marcha a Semana STEM –que se está celebrando nestes momentos–, introduciu os kits de Robótica en 111 centros de Primaria e estableceu un plan de formación específico en Robótica, Programación e Impresión 3D vinculado ás ensinanzas tecnolóxicas para, deste xeito, reforzar os coñecementos dos docentes nesta materia.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados