Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 11 de noviembre de 2017
PROVINCIA

O CIFP Manuel Antonio, en Vigo, pon en valor o seu potencial formativo en materia de Hostalería

Guardar en Mis Noticias.

No marco do sétimo encontro ‘Formados e profesionais’, o centro reuniu a blogueiros e xornalistas especializados para darlles a coñecer de primeira man o traballo que realizan alumnos e profesores no eido das ensinanzas que ofertan.

[Img #36553]

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta semana nunha nova sesión do encontro Formados e Profesionais, que desta vez se celebrou no CIFP Manuel Antonio, e no que o alumnado da familia profesional de Hostalería e Turismo deste centro puido amosar o seu potencial aos blogueiros e xornalistas especializados congregados para a ocasión. Tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o secretario xeral técnico da consellería, Jesús Oitavén; e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, Manuel Corredoira.

 

Esta serie de encontros impulsados polo departamento educativo da Xunta de Galicia entre os centros da Rede Galega de FP de Hostalaría teñen como obxectivo poñer en valor e visibilizar o traballo que alumnado e profesorado desenvolve arredor destas ensinanzas; aproveitando as oportunidades que supoñen as redes sociais e as novas tecnoloxías.

 

A xornada  incluíu unha presentación, unha mesa redonda con exalumnos, un Coffe Break, un percorrido polas instalacións do departamento de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias, demostracións da actividade de barista, cociña e pastelaría e un xantar preparado por alumnos do Ciclo superior de Dirección de Cociña e servido por alumnado do Ciclo superior de Dirección de Servizos.

 

Esta sétima sesión do programa celebrouse nun centro que é referente nas ensinanzas de Hostalería e Turismo; de feito dos 1456 alumnos, un total de 735, o 50,54%, cursan estudos desta familia profesional. En concreto, o centro conta co Ciclo básico de Cociña e restauración, o Ciclo medio de Cociña e gastronomía, o Ciclo medio de restauración, e os ciclos superiores de Axencias de viaxes e xestión de eventos, Dirección de cociña, Dirección de servizos de restauración, Guía información e asistencia turísticas e Xestión de aloxamentos turísticos.

 

Os centros da Rede
Esta iniciativa arrancou o pasado mes de abril no IES Vilamarín (Ourense), e posteriormente tivo lugar no CIPF Paseo das Pontes (A Coruña), no CIFP Carlos Oroza (Pontevedra),  no CIFP Compostela (Santiago), no IES Sanxillao (Lugo) e no IES Fraga do Eume (Pontedeume). Formados e Profesionais concluirá o vindeiro día 13 no IES de Foz (Lugo).  

 

En todos eles ofrécese un almorzo, un aperitivo e unha comida elaborada polo alumnado do centro, e faise un percorrido guiado e realizarase un coloquio entre todos os participantes na sesión.

 

Polo tanto, búscase amosar as instalacións e recursos que teñen os principais centros de FP galegos de Hostalaría, que se fai neles e, da man dos chefs convidados, a onde se pode chegar tras cursar estes estudos.

 

Este proxecto pioneiro conta, ademais, cun sitio web (http://www.edu.xunta.es/fp/rede-fp-hostalaria) no que se ofrece información e orientación sobre os centros da Rede creada en 2014, a súa oferta formativa e o conxunto de servizos que se brindan ás empresas. Para a propia comunidade educativa o web serve como punto de acceso único ás ofertas de emprego, ao emprendemento ou as mobilidades. O obxectivo é achegar a FP á empresa, dando resposta ás demandas do sector e transferíndolle o coñecemento adquirido en centros innovadores.

 

A Rede galega de FP de hostalaría foi creada en 2014 pola Consellería de Cultura e Educación co fin de enmarcar os 8 centros públicos da nosa Comunidade especializados nesta familia profesional co fin de crear un espazo vivo e dinámico de intercambio de experiencias e de innovación. Desta forma procúrase, ademais, impulsar a calidade de actividades produtivas estratéxicas para Galicia como son as de Restauración, Aloxamento e Servizos, estreitamente vencelladas ao turismo, eido tamén de significativa importancia no desenvolvemento económico desta terra. A rede está composta polos CIFPs Paseo das Pontes (A Coruña), Compostela (Santiago), Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo); e polos IES Fraga do Eume (Pontedeume), de Foz, Sanxillao (Lugo) e de Vilamarín (Ourense).

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados