Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Domingo, 12 de noviembre de 2017
GALICIA

A Xunta presenta a campaña contra a violencia de xénero “o máis grande de Galicia non se maltrata”

Guardar en Mis Noticias.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, explicou hoxe en rolda de prensa os detalles desta campaña, que busca implicar a toda a sociedade nesta loita

[Img #36628]

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou hoxe en rolda de prensa a campaña institucional para o Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro. Este ano, por vez primeira, a Administración autonómica facilitará aos 313 concellos de Galicia carteis personalizados que poderán descargar a través dunha web.

 

Nesta edición, o lema da campaña será “O máis grande de Galicia non se maltrata”, seguindo na mesma liña da campaña que se puxo en marcha o pasado 8 de marzo, con motivo do Día internacional da muller.

 

Distribuiranse 35.000 carteis por todas as vilas e cidades de Galicia, tanto en locais comerciais, de hostalería, edificios e centros públicos, concellos, centros de saúde, xulgados e centros educativos. Ademais, desde o próximo 15 de novembro, tamén se desenvolverán accións en prensa, radio, televisión e redes sociais.

 

A campaña rematará o próximo 26 de novembro, data na que terá lugar en Santiago de Compostela a quinta edición da andaina “Camiño ao respecto”, que percorrerá o treito que une o Monte do Gozo e a Praza do Obradoiro.

 

Compromiso do conxunto da sociedade

Na súa intervención, López Abella recordou que o compromiso contra a violencia de xénero debe estenderse aos 365 días do ano, e que é preciso seguir sensibilizando a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

 

Ao respecto, recordou algunha das iniciativas que ten posto en marcha a Administración autonómica ao longo deste ano para seguir avanzando nesta materia. Así, citou, netre outras medidas, o decreto que regula a formación do persoal da administración autonómica en igualdade e en prevención e loita contra a violencia de xénero, un texto pioneiro a nivel estatal; a aprobación do Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero, o primeiro que se realiza en Galicia e que foi aprobado polo Pleno do Observatorio galego contra a violencia de xénero no pasado mes de xullo; ou o reforzo do apoio psicolóxico especializado nas oficinas de atención á vítima dos xulgados galegos.

 

Noticias relacionadas
Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados